Pontón pide a Rueda que abra unha negociación bilateral co Goberno para a reforma do sistema de financiamento

Evitou situarse sobre se retiraría o apoio ao Goberno de Sánchez no caso de que o novo sistema non contente ao Bloque.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2024 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a abrir unha negociación bilateral co Goberno para a reforma do sistema de financiamento autonómico e definir un modelo no que Galicia "non sala prexudicada". Así o defendeu nunha rolda de prensa na que, preguntada sobre o debate do modelo de financiamento para as comunidades autónomas, Pontón insistiu en que a Xunta debe iniciar conversacións a dúas bandas co Executivo de Pedro Sánchez para definir o marco das achegas a Galicia. Con todo, a líder nacionalista ve a Rueda "cativo" da estratexia que marque a dirección estatal do seu partido, á vez que evitou situarse sobre se retiraría o apoio ao Goberno de Sánchez no caso de que o novo sistema non contente ao Bloque.

Pontón
Pontón | Fonte: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta