Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2015 | Actualizada ás 11:16
O Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na praza do Obradoiro en solidariedade con París e en repulsa pola cadea de atentados cometidos onte pola noite na capital francesa.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, repetiu a convocatoria nas redes sociais, ás 12.00 horas, coas etiquetas "#SantiagoConParís e #TodosSomosParís #TodasSomosParís".
Santiago súmase deste xeito ás condenas e mostras de solidariedade que outras cidades do Estado, como Madrid e Barcelona, e do resto o mundo están a expresar polos atentados.
Pola súa banda, a Executiva do BNG mostrou este sábado a súa condena "firme" polo "horror perpetrado" en Francia e o seu rexeitamento "de todo acto terrorista que nesga a vida de moitas persoas como sucede noutras partes do mundo", como hai uns días en Beirut.
"Hoxe é o día da solidariedade coas vítimas", sinala o BNG, que apela a abordar "a violencia terrorista mundial desde a racionalidade, desde o respecto aos dereitos dos pobos e evitando alimentar a espiral de violencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.