Por Galicia Confidencial | París | 15/11/2015 | Actualizada ás 19:20
O seu falecemento fora confirmado este domingo polo mañá por parte do Ministerio de Asuntos Exeriores. Inmediatamente, toda a prensa do país, incluído GC, fíxose eco. A súa familia mesmo recibiu unha chamada do Goberno para comunicarlles a morte do rapaz.
Tirando de retranca galega, Pardo Touceda desmentiuno horas despois nas súas redes sociais. "Yo me veo a mi mismo momentos y diría que estoy vivo (...) además si dice el País ... es que tiene que ser cierto" escribía no seu Facebook:
A orixe do erro parece ser que o seu DNI apareceu en Bataclán, onde os terroristas tomaron e executaron ducias de reféns que asistían a un concerto. Moitas desas vítimas aínda non poideron ser identificadas, debido a que polo menos dous dos terroristas fixeron estoupar os seus cinturóns de explosivos. Con todo, o mozo perdera o DNI hai anos e por algunha circunstancia, a Policía atopouno na sala de festa atacada malia que el estaba en Estrasburgo.
Touceda é orixinario de Pontevedra e completara os seus estudios de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. Como tantos outros mozos galegos, tivo que marchar na busca de traballo ao exterior por mor da crise, primeiro a Limoges e logo a París.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.