Ferido grave un motorista de 69 anos nunha colisión contra un camión

O incidente tivo lugar en Piñor.

Por E.P. | OURENSE | 01/08/2024 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un motorista de 69 anos, veciño de Cáceres, resultou ferido grave, na tarde do pasado mércores, nunha saída de vía e colisión lateral contra un camión. Segundo informa a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 20,22 horas na autovía AG-53, punto quilométrico 63,5, sentido Santiago. O home necesitou ser trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense (CHUO).

A vía tivo que ser cortada ao tráfico no punto do sinistro, polo que se desviou a circulación sentido Santiago no punto quilométrico 65 cara á N-525. Ao sinistro acudiron tamén un equipo de investigación de sinistros de Garda Civil de Ourense, unha ambulancia do 061, así como o equipo de mantemento da autovía, entre outros.

As probas de alcol e drogas negativas do condutor do camión. O motorista facía uso de casco e roupa de protección homologada.

Accidente de motorista en Piñor. GARDA CIVIL
Accidente de motorista en Piñor. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta