Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2024 | Actualizada ás 18:07
A Xunta notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de dous novos focos de Enfermidade Hemorrágica Epizoótica (EHE) na provincia de Ourense, que foron confirmados polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.
Segundo informou o Executivo galego, os focos localizáronse nas comarcas veterinarias da Limia e Maceda. Coa declaración destes novos, Galicia ten notificados focos en sete comarcas veterinarias, todas na provincia de Ourense, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor.
Esta é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente mediante a picadura de mosquitos do xénero 'Culicoides,spp'.
A Consellería do Medio Rural lembrou que este mércores empeza a comercializarse a nova vacina 'Hepizovac' fronte a este a esta enfermidade, elaborada por Vetia Animal Health, filial da farmacéutica galega Zendal dedicada á sanidade animal.
Esta vacina, que non é obrigatoria e está autorizada pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, poderá administrarse a bovinos maiores de dous meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.