Atopan o corpo sen vida dunha muller nunha poza de regadío en Arbo

O suceso produciuse este sábado 17.45 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2024 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha muller foi localizado nunha poza de regadío no lugar de Rozas, no municipio pontevedrés de Arbo.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse este sábado 17.45 horas e foi un familiar o que deu a voz de alarma. Os servizos sanitario desprazados ata o lugar só puideron confirmar o falecemento da muller.

Ata o punto desprazouse a Garda Civil, os efectivos do GES-Speis de Ponteareas e o Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que valorou a saída do helicóptero medicalizado, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta