A artista palestina Raida Adon participará na Bienal de Arte de Pontevedra

A maior parte da súa obra correspóndese coa videoarte, na que mostra a situación palestina e israelí desde 1948.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/09/2024 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, confirmou que a artista e actriz palestina Raida Adon, refuxiada en París, será unha das participantes da recuperada Bienal de Arte. A artista visitou a cidade, onde puido percorrer da man do vicepresidente provincial as instalacións do Convento de Santa Clara. A XXXII Bienal de Arte de Pontevedra, que regresa despois de 15 anos e terá lugar entre o 15 de xuño e 30 de setembro de 2025, "situará a cidade do Lérez no epicentro internacional da arte contemporánea e será tamén un importante revulsivo económico para toda a provincia", dixo Rafa Domínguez.

Raida Adon
Raida Adon | Fonte: Wikipedia

Deste xeito, baixo o título 'Volver ser humanos... ante a dor dos demáis', a Bienal atraerá artistas destacados como Francesc Torres, Farida O-Gazzar, Patrice Warrener ou a propia Raida Adon, todos eles xa confirmados por Rafa Domínguez, e outros moitos de relevancia internacional. A Bienal promoverá o intercambio cultural con propostas artísticas innovadoras, ofrecendo un espazo para a experimentación e a creatividade, e integrando a cidade no evento ao fomentar a participación dos veciños. 

Raida Adon é unha artista palestina nada en 1972, formada no Departamento de Arte da Academia Bezalel de Artes e Deseño de Xerusalén. Foi mestra de arte na Academia Bezalel e no Sapir College of Art, ademais de directora do departamento de árabe da Escola de Fotografía de Xerusalén. A maior parte da súa obra correspóndese coa videoarte, na que mostra a situación palestina e israelí desde 1948.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta