O experto da USC lembrou que se estas pinturas murais chegaron ata os nosos días foi "porque estiveron tapadas". No momento de retirar a cal ou o retablo que ocultaba un dos murais, as pinturas envellecen e en 20-30 anos escurécense, "polo que hai que traballar sobre elas continuamente".
  comenta   0
O descubrimento dunha antiga cimentación revela a definición do núcleo orixinario do convento de Santa Clara para confirmar que o recinto é moito máis antigo do que se cría e que estaba composto por tres edificios.
  comenta   0
O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do atraso que acumula o proxecto de rehabilitación; mentres que desde o goberno local, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, asegura que o político popular está "desnortado".
  comenta   0
A campaña de Nadal da cooperativa ourensá desenvólvese baixo o slogan “O Nadal con máis estrelas”, en referencia a unha gama de produtos típicos destas datas integrada por máis de 20 propostas e recomendada polo prestixioso chef vasco Martín Berasategui.
  comenta   0
A maior parte da súa obra correspóndese coa videoarte, na que mostra a situación palestina e israelí desde 1948.
  comenta   0
Sitúa á viguesa Luisa Sánchez como vicepresidenta 2ª da Deputación e ao pontevedrés Rafa Domínguez escala un posto e suma competencias.
  comenta   0
É dentro da iniciativa "O Nadal con máis estrelas", de Coren. Para cubrir as necesidades de ofrecer estes produtos no mercado contratarán a unhas 200 persoas.
  comenta   0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou que a institución provincial negociará coa congregación das clarisas "para recuperar o patrimonio cultural e artístico de Santa Clara que debe pertencer aos pontevedreses".
  comenta   0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación provincial, Luís López, mantiveron este xoves o seu primeiro encontro institucional, tras o que ambos coincidiron na súa vontade de colaborar en beneficio da cidade.
  comenta   0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, incidiu que a institución provincial "cumprirá escrupulosamente" o protocolo asinado co Concello de Pontevedra para o proxecto do convento de Santa Clara, aínda que admitiu que traballan en "cambios" que se anunciarán proximamente.
  comenta   0
Nestas entrevistas pretende falar dos convenios pendentes ou en execución, investimentos e obras en marcha, ou que están á espera de poder acometerse e abordar tamén algunhas demandas do goberno pontevedrés.
  comenta   0