Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 16:30
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, o nacionalista César Mosquera, replicou ao PP que poden estar "tranquilos" porque "non lles van a quedar as mans atadas" para cando asuman o goberno provincial, que cambiará de mans como consecuencia dos resultados das eleccións municipais.
"Non lle van a quedar as mans atadas de nada", esgrimiu este venres Mosquera, que defendeu que o actual goberno que comparten Partido Socialista e BNG "non lle deixa nada comprometido" aos seus sucesores.
Nunha comparecencia ante os medios para dar conta dos asuntos aprobados na xunta de goberno provincial celebrada este venres, César Mosquera reaccionou á petición do PP, que instou o bipartito a paralizar calquera decisión na Deputación de Pontevedra que comprometese ao próximo goberno provincial.
"Eu recomendaríalles que se tranquilizasen e que pensasen seriamente", respondeu o vicepresidente provincial en funcións, xa que "a época xusto despois das eleccións é unha época perigosisima para abrir a boca, perigosisima, porque non hai nada decidido, non hai nada substancial". En todo caso, entende que "son maiorciños e xa saben o que teñen que facer, aínda que ás veces non o pareza".
O Partido Popular esixe a paralización da reunión do xurado que debe elixir o anteproxecto para rehabilitar o convento de Santa Clara para a súa incorporación ao Museo de Pontevedra, unha petición que Mosquera interpreta como "pura inmadurez" ou "de moi mala uva". "Que pensen ben o que van facer e non se preocupen por iso", apuntou o vicepresidente. "O de Santa Clara sería inaudito despois de que o presidente da Xunta dixese que a Xunta non se quere quedar fóra de Santa Clara", apostilou .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.