O mal tempo deixa nun 58% a ocupación media en Galicia durante a Semana Santa

Houbo picos de ata o 78% durante a ponte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2025 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Galicia pechou a Semana Santa cunha ocupación media de luns a domingo que rolda o 58%, unha porcentaxe que se elevou ao 77%, 74% e 78% nas xornadas do xoves, venres e sábado, respectivamente. Un balance positivo, apuntan, sobre todo se se ten en conta o tempo adverso que azoutou Galicia nos últimos días.

Así, segundo os datos da aplicación Simada (Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento), a estancia media foi de catro noites, unha máis da que apuntaban as previsións iniciais. O perfil do turista foi principalmente español (ao redor do 78%) e a porcentaxe maioritaria corresponde ao turismo interior, seguido do procedente de Madrid e, xa a máis distancia, de Castela-León, Andalucía e Asturias.

A afluencia de turistas internacionais superou a 21% fronte ao 8% que indicaban as reservas de principios de semana, cando aínda había unha ampla porcentaxe que non tiña asignada procedencia. Portugal, Estados Unidos e Alemaña son os países de orixe maioritaria destes turistas.

No que respecta ao prezo por noite, a media de todos os aloxamentos situouse finalmente en 70,85 euros fronte aos 74 previstos. Apuntan ademais que, dado o mal tempo, hai aloxamentos que optan por reducir prezos para manter ou incrementar a ocupación.

A terraza dun bar, na praza do Obradoiro
A terraza dun bar, na praza do Obradoiro | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta