Cales son as grandes empresas morosas de Galicia?

A Axencia Tributaria publica a lista das empresas que lle adebedan diñeiro ao estado, entre elas, Balneario de Mondariz.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/12/2015 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O mítico Balneario de Mondariz débelle tres millóns de euros (2.917.001,70) ao fisco. É unha das empresas galegas que figura na lista de debedores coa Facenda Pública, publicada este mércores pola Axencia Tributaria na páxina da súa sede electrónica.

Bosque do Gran Hotel de Mondariz-Balneario
Bosque do Gran Hotel de Mondariz-Balneario

Nesta lista inclúense aos debedores con débedas ou sancións tributarias de máis dun millón de euros, pendentes de pago a 31 de xullo deste ano, e que non se atopen nin aprazadas nin suspendidas.

O Balneario de Mondariz é unha das empresas máis coñecidas que está nesta lista. Presentou solicitude de concurso de acredores voluntario a finais de 2014 no xulgado número 2 de Vigo, o cal xa superou despois de que os seus principais acredores aceptasen o seu plan de viabilidade.

Nela tamén figuran a Sociedade Deportiva Compostela S.A.D, cunha débeda superior ao tres millóns de euros, Frigoríficos Marín SA (1.179.593,85) e a empresa Port Vigo SL (4.640.591,05). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Agora que sabemos quen son os "morosos" coa Facenda, non estaría de máis publicar cantos cartos "públicos" lles demos a esas mesmas "empresas" (?) A ver se así imos sacando as contas cara ao futuro ! Calquera axuda pública que se inxecte nunha empresa privada (que xa é raro) debera ter garantías ben de "viavilidade económica" ben de "retorno ou devolución" (?) A pregunta é: todos estes cartos Facenda os cobrará algún día, ou trátase dun brindis ao sol de Montoro (?)

1 Facenda somos todos

Segun lin aparece fun&basic do ex conselleiro Javier guerra.