A xuízo por "facerlle as beiras" a unha anciá e convencela para que lle deixase todas as súas propiedades

Terá lugar na Audiencia Provincial de Ourense o vindeiro mércores, día 25.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2024 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acollerá o vindeiro mércores, día 25, o xuízo contra un home acusado de embaucar a unha anciá que vivía no seu edificio, á que "lle fixo as beiras" para conseguir que se fose a vivir con el e logo convenceu para que o declarase herdeiro.

Segundo recolle o escrito fiscal, o home, que vivía no mesmo edificio de Ourense que a anciá, era coñecedor de que ela tiña "unha boa situación económica" e de que "non mantiña relación algunha coa súa filla e moi escasa co seu neto".

Aproveitando esta circunstancia, achegouse a ela "co propósito de facerse coas súas propiedades" e, polo menos un ano antes do falecemento da muller --en xullo de 2019--, mantivo contacto estreito coa vítima, que aseguraba que lle "tiraba os tejos".

Así conseguiu levala a vivir con el ao seu domicilio, quitándolle as chaves da súa casa. Ademais, impediu ou dificultou as súas relacións con terceiras persoas, acompañándoa sempre nas súas saídas, e levouna a unha notaría para que outorgase testamento no seu favor en xuño de 2019, cando un mes antes fixera un testamento que establecía herdeiro universal ao seu neto.

Igualmente, o acusado conseguiu que a anciá, "fráxil", como a describe Fiscalía, "asinase ante o mesmo notario unha escritura de cesión de bens a cambio de alimentos", coa que cedía ao acusado pleno dominio do seu piso.

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de extorsión, polo que pide para el 1 ano e seis meses de prisión e a nulidade tanto da escritura de cesión de bens como do testamento.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta