Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2024 | Actualizada ás 12:01
Un mozo foi detido este sábado no municipio pontevedrés de Ribadumia por ameazar á parella da súa irmá cunha arma branca, contra o que ademais tiña unha orde de afastamento.
Segundo informaron a Europa Press fontes próximas ao caso, o mozo acudiu ao domicilio cunha arma branca e ameazou ao denunciante, contra o que tiña en vigor unha orde de afastamento.
Nese mesmo edificio residen o seu pai e o seu exparella, dúas persoas contra as que tamén ten orde de afastamento e que, por tanto, tamén se saltou.
O mozo, con antecedentes por agresión sexual, foi detido ese mesmo sábado, cando tamén pasou a disposició xudicial. O domingo entrou en prisión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.