Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 20:35
Rosa Chapela foi nomeada nova directora do Centro Tecnolóxico do Mar, organismo adscrito á Consellería do Mar dedicado ao desenvolvemento de proxectos investigadores relacionados co mundo do mar e a pesca. O nomeamento foi adoptado este luns no Consello da Xunta, que oficiliza a substitución de Paloma Rueda, tía do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que dirixía este organismo desde o ano 2009.
Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a nova directora do Cetmar exercía desde 2002 a coordinación do departamento de Socioeconomía de Pesca do propio organismo do que agora se pon á fronte.
Chapela iniciou a súa carreira como asesora técnica para temas legais da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia e desde o ano 2013 é experta xeográfica e contacto para España na Rede Europea Famenet, unidade de apoio á 'DGMare' no desenvolvemento local participativo a través dos grupos de acción local de pesca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.