Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/10/2024 | Actualizada ás 14:10
Dous adultos resultaron feridos na tarde deste luns ao ser golpeados por unha reixa metálica que se desprendeu no colexio Salesianos de Ourense. En concreto, segundo informan os servizos de emerxencias, a alerta recibiuse pasadas as 17.00 horas e os afectados son dous adultos, pais que neses momentos esperaban polos seus fillos. Un dos afectados recibiu un golpe na cabeza e acudiron a un centro sanitario, aínda que o seu estado non reviste gravidade. Ao parecer, a peza desprendida é unha reixa metálica de grandes dimensións que opera como porta corredoira no campo de fútbol da institución. Investíganse as causas do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.