A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC estrea Virtus, un estudio virtual

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2024 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, abriu este mércores as súas portas na Facultade de Ciencias da Comunicación como un espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual galego.

Con esta infraestrutura, os diferentes grupos de investigación e axentes sociais poderán desenvolver os seus proxectos dun modo colaborativo e multidisciplinar botando man dos usos e potencialidades inherentes ás tecnoloxías de realidade virtual e mixta. Virtus nace do traballo que realiza desde hai anos o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC.

Tendo como centro tecnolóxico o Estudio Virtual de Televisión de última xeración recentemente instalado na Facultade de Ciencias da Comunicación, Virtus pretende ser o núcleo de creación de contidos baseados en realidades virtual e mixta e unha punta de lanza na integración efectiva destas tecnoloxías no día a día da investigación universitaria.

A plataforma ofrecerá a posibilidade de gravación de contidos de curta ou longa duración para a divulgación do coñecemento e a transferencia efectiva do coñecemento científico xerado na USC e permitirá a participación remota e en vivo en eventos científicos, substituíndo o habitual espazo de presentación por unha contorna 3D con realización en directo, movemento de cámaras e integración de contidos 2D e 3D.

Estudio virtual de Ciencias da Comunicación.. USC
Estudio virtual de Ciencias da Comunicación.. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando teremos acceso a ver algún "programa" realizado neste Estudio Virtual ? Estase utilizando ou é aínda un experimento que ninguén é quen de utilizar ?