Un proxecto de colaboración entre Gadis e Amicos aborda a integración social e a conservación da biodiversidade

Traballadores das ecobrigadas da entidade plantaron 300 bidueiras para rexenerar de forma natural unha parcela do municipio de Curtis con especies autóctonas de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2024 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Usuarios de Amicos participaron na reforestación dunha parcela con 300 árbores autóctonas en Curtis grazas ao convenio asinado con Gadis Supermercados.

Así o informa o grupo de distribución alimentaria con motivo da inauguración do Bosque Gadis, un proxecto de integración social e de conservación da biodiversidade que levou a cabo en colaboración con Amicos, organización dedicada á inclusión e o apoio de persoas con discapacidade intelectual.

Traballadores das ecobrigadas da entidade plantaron 300 bidueiras para rexenerar de forma natural unha parcela do municipio de Curtis con especies autóctonas de Galicia.

Esta acción inclusiva, que forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, desenvolveuse en virtude do convenio de colaboración asinado entre ambas as e que inclúe distintas iniciativas.

Colaboración nun proxecto de biodiversidade entre Gadis e Amicos. GADIS
Colaboración nun proxecto de biodiversidade entre Gadis e Amicos. GADIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta