O SERGAS di estar desenvolvendo todas "as fórmulas posibles" para contratar máis persoal de enfermaría

Así o manifestou logo da reclamación do sindicato SATSE ante o que considera unha falta insuficiente de prazas para a OPE de enfermaría

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2024 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O Sergas manifestou estar a desenvolver "as fórmulas posibles para contratar máis persoal de enfermaría" en resposta ao sindicato Satse que considerou "insuficientes" as prazas para a oferta de emprego público nesta rama.

Nun comunicado, Sanidade afirma que "atende como asunto prioritario as condicións laborais dos traballadores e a resposta das súas demandas na medida do posible".

"Nese marco, a Xunta está a desenvolver as fórmulas posibles para contratar máis persoal de enfermaría", sinala nun comunicado no que indica que "na actualidade, o Sergas conta con 13.000 profesionais de media diaria en enfermaría, cun cociente por habitante que está na media nacional".

"En concreto, o cociente de enfermeiras en Atención Primaria en Galicia está, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade, por encima da media do Sistema Nacional de Saúde, un 5,7% máis".

En canto á atención especializada, engade que Galicia se atopa no rango da media nacional, "cun cociente de 3,79 enfermeiras por 1.000 habitantes fronte ao 3,87 de media".

Ademais, sostén que o Executivo galego está a adoptar "as medidas necesarias para responder a unha necesidade crecente de profesionais sanitarios, entre eles os de enfermaría, onde non hai un excedente de persoal, como o demostra a Oferta de Emprego Público recentemente presentada polo Sergas e aprobada na Mesa Sectorial na que se inclúen 152 prazas pertencentes ás diferentes especialidades de enfermaría".

Tamén sostén que o Proxecto de Orzamentos do ano 2025 recolle "a creación de 1.412 prazas no Sergas, entre elas, tamén na categoría de enfermeiro: concretamente, nas prazas que se establecen para cumprir o compromiso de reducir en 42 horas a xornada laboral común, culminando así a redución de 112 horas pactada, hai 210 na categoría de enfermeiro; tamén 178 prazas de enfermeiro, no apartado de estabilización do cadro de persoal e outras 2 prazas de enfermeiro vinculadas ao Programa de reprodución humana asistida".

Oposicións de Enfermaría do Sergas
Oposicións de Enfermaría do Sergas | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta