Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/12/2024 | Actualizada ás 19:32
Galicia foi a terceira comunidade autonóma que menos tardou a pagar aos seus provedores con 21,14 días de media, unha cifra que só conseguiron rebaixar Estremadura (12,99 días) e Aragón (17 días).
Pola súa banda, Murcia, Asturias e a Comunidade Valenciana foron o tres comunidades autónomas cun maior Período Medio de Pago a Provedores (PMP) durante outubro deste ano, por encima dos 40 días. A media de todas as rexións foi de 32,08 días, mentres que houbo outras seis comunidades que tardaron máis dun mes en pagar aos seus provedores.
Así se desprende dos datos publicados este luns polo Ministerio de Facenda, nos que se albisca unha diminución de 0,37 días no PMP das Comunidades Autónomas en relación co mes anterior. Pola súa banda, o prazo de pago da Administración Central cifrouse no décimo mes do ano en 22,04 días, o que supón unha diminución de 1,86 días, mentres que as Entidades locais no modelo de cesión teñen un prazo de pago a provedores de 32,18 días no mes de outubro.
No caso do PMP dos Fondos da Seguridade Social, cifrouse en 10,07 días en outubro, 0,58 días menos que o mes anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.