Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2024 | Actualizada ás 18:41
O Pazo de Mariñán, en Bergondo, foi a sede este mércores da xornada 'As cooperativas como ferramenta para un desenvolvemento sustentable', unha xornada organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa Deputación da Coruña.
Este encontro, que forma parte do programa de actividades conxuntas desenvolvido en 2024, reuniu a máis de medio centenar de profesionais, cooperativistas e representantes de administracións públicas para reflexionar sobre o papel das cooperativas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e na implementación da Axenda 2030.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou "a importancia do cooperativismo no desenvolvemento do rural de Galicia", destacando que na comunidade hai rexistradas actualmente 1.900 cooperativas, das que case 800 sitúanse en pequenos municipios rurais, "creando emprego e actividade económica que contribúe á fixación de poboación".
Noutra orde de cousas, e no marco de actividades promovidas pola área de Igualdade do organismo provincial, o alumnado do IES Rafael Puga Ramón asistiu á estrea do anuncio 'Moito coidado', que forma parte da campaña provincial para previr as infeccións de transmisión sexual cun enfoque de xénero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.