Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2024 | Actualizada ás 22:48
O alcalde socialista de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei, presentará a súa renuncia nos próximos días, posiblemente esta mesma semana, despois de 18 anos á fronte do municipio, desde 2006.
O rexedor confirma a Europa Press que ten tomada esta decisión e descarta que se deba a "presións" de índole familiar. "Mellor que me poña eu a data a que ma poñan outros", subliña Rei, quen insiste en que "canto antes, mellor".
Ademais, explica que nas últimas datas houbo unhas "xestións moi afortunadas" por parte do seu goberno, o cal comparte co BNG desde o ano pasado, que lle permiten "presumir" e marcharse "con certa dignidade".
Neste sentido, menciona --entre outras-- a concesión de case 1,5 millóns de euros de fondos 'Next Generation' ao seu concello para a recuperación da 'carballeira' e do xardín botánico. Precisamente, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou Caldas este luns para reivindicar esta actuación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.