Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2024 | Actualizada ás 14:42
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu na importancia de que a declaración de impacto ambiental do proxecto da fábrica de celulosa e fibra téxtil de Altri en Palas de Rei conte cun ditame "ben pensado" que "transmita seguridade". Así se pronunciou, ao ser cuestionado polos xornalistas na súa visita ao Banco de Alimentos da Coruña, sobre a data na que se coñecerá a mesma.
Respecto diso, dixo que se están acabando as "análises" pero que o importante é que "as cousas se fagan ben" para que exista un ditame baseado en "argumentos obxectivos". "Sexa cal for o ditame da declaración ambiental que estea ben pensada, reflexionada e transmita seguridade", dixo para precisar que se coñecerá nunha data próxima. No entanto, engadiu que non hai unha data límite que "puidese pór en risco a seguridade".
Todo iso asegurouno despois de que a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, situase a previsión da súa publicación entre final de ano e comezo de 2025.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.