A plataforma de afectados pola A-57 pide ao Goberno central que "aclare" o futuro da vía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2024 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A Plataforma de Afectados pola A-57 nas parroquias pontevedresas de Bora e Xeve pide ao Ministerio de Transportes que "aclare as súas intencións" con respecto á autovía. Todo iso despois de que o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmase este venres que a autovía A-57 continuará cara ao norte cos outros dous tramos previstos, entre A Ermida e Pilarteiros e entre Pilarteiros e Curro, completando así un trazado de 21 quilómetros.

A Plataforma, explicou este sábado nun comunicado, que se "opoñen frontalmente" a que este "erro histórico" se prolongue " no tempo e no espazo, destruíndo o territorio e dilapidando fondos públicos" para conectar o polígono de Barro con Vigo, para o que "só é necesario" liberalizar a peaxe Vilaboa-Curro.

Obras da A-57 en Pontevedra
Obras da A-57 en Pontevedra | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN - Arquivo

"Agora que xa se pode percorrer o primeiro tramo, todos os cidadáns comprobarán o enorme dano ao territorio desta infraestrutura cuxos erros históricos seguen patentes", lamentaron. Entre eses "erros" recalan que "non hai" ligazón directa ao polígono de Reigosa-O Campiño, debido ao trazado os camións "ven obrigados a sobrecargar" as vías secundarias para poder acceder a esta autovía.

Por todo iso, a Plataforma insiste en que prolongar esta vía cara ao norte "non é unha opción razoable" para os veciños de Bora e Xeve, nin tampouco se trata de construír a A-57 por outra zona nin "afectar a outros territorios".

"Trátase de protexer o Lérez e o territorio rural fronte a unha vía que non dará servizo á cidade, senón que suporía máis tráfico, contaminación e máis camións polas parroquias. Aumentaría os problemas de seguridade viaria e suporía un dano sen precedentes no escaso patrimonio verde que queda no municipio", denunciaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta