Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2025 | Actualizada ás 17:57
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou que, no pasado ano 2024, "o 96 % dos concellos que pediron axuda á Xunta tiveron unha achega". En concreto, detallou que "foron máis de 700 os proxectos financiados cun importe que dedica a Xunta de Galicia a todos os municipios", grazas a un gasto de 32 millóns de euros.
Engadiu que en 2025 "vaise a chegar aos 600 millóns de euros", con achegas a través do Fondo de Compensación Ambiental, o Plan de Infraestruturas e o Fondo de Cooperación Local, tanto para obras de eficiencia enerxética como para obras ou proxectos estratéxicos. "Un ano máis seguiremos á beira dos concellos", garantiu. Ditas manifestacións realizounas Calvo no mediodía deste mércores na localidade de Cerdido, onde acudiu acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e onde foron recibidos por unha representación municipal encabezada polo seu alcalde, Alberto Rey (PP).
No municipio da comarca de Ortegal, o integrante do Goberno autonómico subiuse a un vehículo todoterreo, do tipo pick-up eléctrica, que foi adquirida coa confinación da Xunta, en preto de 37.000 euros, e que será agora utilizada en labores de mantemento do medio ambiente, como a recollida e traslado de residuos voluminosos, así como á protección de espazos naturais, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco. Desde a administración local xustificouse a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural do municipio, así como para a realización de servizos esenciais, como o saneamento de augas ou a limpeza de vías.
DIVERSO EQUIPAMENTO
Por outra banda, Diego Calvo apuntou que no caso concreto de Cerdido, ao amparo das distintas convocatorias, recibiu nos últimos exercicios case 200.000 euros, cos que adquiriu diverso equipamento, como unha biotrituradora ou unha rozadora, e melloráronse infraestruturas municipais, como o propio edifico do Concello. Ademais, en 2024 recibiu preto de 137.000 euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local. Ademais destas liñas de axudas, destacou que a Xunta asina convenios de colaboración para cubrir necesidades urxentes das administracións locais enmarcadas neses obxectivos, como foi o caso de Cerdido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.