Que fan as cámaras que vixían os espazos públicos?

A Oficina de Dereitos Civís denuncia que a Xunta subvenciona con centos de miles de euros instalacións que, supostamente, non funcionan. Así acontece en concellos como Lugo, Melide, Ponte Caldelas, A Estrada, Vimianzo ou Vila de Cruces.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2016 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Son realmente efectivos os sistemas de videvixilancia que hai instalados en espazos públicos de numerosos concellos?. A Oficina de Dereitos Civís critica duramente á Xunta por subvencionar con miles de euros este tipo de dispositivos que, din, non están operativos.

Sistema de videovixilancia
Sistema de videovixilancia

Este organismo dirixiuse en multitude de ocasións á Axencia española de Protección de Datos (AEPD) e á Delegación do Goberno ao comprobar a existencia de cámaras de vixilancia, de titularidade de administracións locais, que enfocan a vía pública, pero que carecen de autorización gobernativa ou das que non hai constancia da inscrición do ficheiro de gravacións no rexistro da AEPD. Ambos requisitos resultan indispensables para a instalación de videocámaras que captan imaxes da vía pública e para que se garanta o respecto aos dereitos fundamentais das persoas gravadas. 

Nestas comprobacións atoparon que concellos como Lugo, Melide, Ponte Caldelas, A Estrada, Vimianzo ou Vila de Cruces. Concellos tiñan estes dispositivos apagados. O mesmo acontece co Parador de Turismo de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enxeñaría, o Polígono do Concello de Carballo ou o de Ribeira. A pesar das denuncias, a AEPD arquivounas alegando que, ao estar apagadas, non se vulnera ningún dereito.

A Oficina de Dereitos Civís denuncia que estas situacións, sen que os viandantes saiban de forma verídica se están sendo gravados ou non, “provocan unha grave inseguridade á hora de poder exercer dereitos fundamentais, xa que as cámaras poden estar acendidas ou volverse activar sen que a AEPD teña constancia deste feito”.

Así, critica que, se un cidadán ao ver algunha destas cámaras quixera exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose ao concello correspondente, o concello podería contestar que as cámaras están apagadas ou simplemente non contestar, “aínda que puideran telas usado para gravar”.

Por iso, e ante a proliferación de cámaras polos concellos galegos supostamente inactivas, Dereitos Civís vén de dirixirse ao Defensor do Pobo solicitando que recomende ás autoridades competentes que non permitan a existen de dispositivos que poidan crear a expectativa de captación de imaxes das persoas que circulan pola vía pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 riaquenria

Non hai como inversións económicas da máis alta productividade, coma neste caso: Estado espanhol, campión mundial !!!....todo pra nos vixiar e no noso nome, SIN o NOSO consentimento

1 eueu

Simplemente grazas, AEPD. PPodres ao PParo