Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 15:12
A Xunta aprobou este luns que os centros educativos galegos poidan ofrecer campamentos de verán destinados a formar a alumnos, de entre 9 e 17 anos, en competencias dixitais básicas e avanzadas.
Segundo explicou en rolda de prensa o titular do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, serán os propios colexios os que terán que solicitar participar nestas iniciativas. Os menores estarán atendidos "por profesionais especializados" na materia.
A Xunta destinará en total 2 millóns de euros a esta iniciativa que permitirá aos alumnos participantes obter un certificado de 30 horas de formación en competencias dixitais, xa sexan básicas ou avanzadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.