Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 18:42
Máis de 400 persoas participaron na segunda edición do progama 'Enredando Tour', impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnoloxía de Galicia (Amtega) e Cruz Vermella e que percorreu 1.600 quilómetros por toda Galicia desde a súa posta en marcha no mes de xuño. Betanzos acolleu a última parada da segunda edición desta iniciativa, que chegou a unha vintena de localidades co obxectivo de favorecer a capacitación dixital das persoas maiores a través de obradoiros, ferramentas dixitais e contidos especializados.
O peche do programa, centrado na banca electrónica, contou coa participación do director da Amtega, Julián Cerviño, o director provincial de Cruz Vermella, Manuel Viqueira, e a presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelan. Alí, Kindelan avogou por reforzar a dixitalización como camiño para favorecer a inclusión porque "amplía o acceso a todos os servizos" e "elimina barreiras xeográficas e temporais, en calquera lugar, as 24 horas ao día e os sete días da semana".
"A través de talleres como este da Cruz Vermella e de Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) ponse tamén de manifesto a importancia da colaboración público privada en iniciativas de capacitación dixital, para que todos podamos aproveitar as vantaxes da dixitalización, unha ferramenta que pode mellorar a vida das persoas", sinalou. Pola súa banda, Julián Cerviño resaltou a colaboración cos concellos galegos para a implantación da rede CeMIT, composta por 94 aulas repartidas por toda Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.