Aumentan as ciberestafas que ofrecen postos de traballo a través das redes sociais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2025 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A Policía Nacional advirte dun aumento en Galicia das denuncias de casos dunha tipoloxía de ciberestafa que consiste en contactar cunha persoa, a través de aplicacións de mensaxería instantánea e redes sociais, para facerlle crer á vítima que foi seleccionada para un posto de traballo.

Nunha nota de prensa, a Policía detallou que varias destas estafas detectáronse na Comisaría Provincial de Ourense. En concreto, facíase crer ás vítimas que foran elixidas para participar nun proceso de selección de persoal dunha coñecida empresa do sector da moda deportiva.

Neste caso, os estafadores contactaban coa vítima mediante unha coñecida aplicación de mensaxería instantánea, a través da cal o suposto responsable da área de Recursos Humanos desta empresa solicitaba o envío de currículo actualizado, á vez que instaba o pago de distintos importes, con diferentes conceptos, como a realización dun test psicotécnico.

Así mesmo, a Policía Nacional explicou que a maior parte das vítimas eran usuarios dunha coñecida plataforma en liña para a procura de emprego, da que posiblemente os estafadores obteñen información de persoas en procura activa de traballo, e para ademais poderse gañar a confianza do estafado dirixíndose a el con mensaxes personalizadas.

O modus operandi é similar neste tipo de estafas, informando en todas elas os ciberestafadores, mediante chamadas con alocucións gravadas ou directamente por aplicacións de mensaxería instantánea, da selección desa persoa para un posto de traballo. Con posterioridade, informan da necesidade de realizar algún pago por diferentes conceptos para continuar con esa contratación.

Efecitvos da Policia Nacional
Efecitvos da Policia Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta