O BNG denuncia a "precariedade laboral" do persoal sanitario en Galicia

A eurodeputada do BNG Ana Mirada denunciou que "en Galicia, a precariedade laboral no ámbito sanitario debido ao abuso de contratos temporais é o normal"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2025 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Mirada denunciou na Eurocámara "precariedade laboral" do persoal sanitario en Galicia, á vez que argumentou que a taxa de profesionais de enfermaría na comunidade autónoma é "a peor da Unión Europea".

No pleno do Parlamento europeo, Miranda ha manifestdo que se se quere atención sanitaria de calidade "os profesionais necesitan o recoñecemento dos seus dereitos laborais e traballo digno".

"En Galicia, a precariedade laboral no ámbito sanitario debido ao abuso de contratos temporais é o normal", manifestou durante a súa intervención.

"Faltan traballadoras e traballadores, faltan investimentos públicos e faltan salarios dignos e acceso a tratamentos", aseverou tamén ao comparar a situación dos profesionais coa media europea.

A eurodeputada Ana Miranda no Parlamento europeo. BNG
A eurodeputada Ana Miranda no Parlamento europeo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta