Uns 300 participantes e 2.120 euros en xogo no 'Concurso de Disfraces de Arzúa'

O evento será este domingo 23 de febreiro no Multiusos Terra do Queixo ás 17:00 h.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 22/02/2025 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este domingo o acto central do Entroido arzuán. Trátase da celebración do concurso de disfraces que abrirá unha programación que terá continuidade con máis actividades na tarde do martes de Entroido.

Concurso de Disfraces de Arzúa 2023. Foto: Concello.
Concurso de Disfraces de Arzúa 2023. Foto: Concello.

Unha vez pechado este venres 21 de febreiro o prazo de inscrición, desde a área de cultura consideran un éxito a convocatoria por manter o alto número de participantes dos últimos anos rozando os 300 o que asegura que será un certame atractivo tanto para os concursantes como para o público.

Ao concurso, que se celebrará este domingo ás 17:00h no Multiusos Terra do Queixo, preséntanse un total de 20 candidaturas repartidas nas diferentes categorías aspirantes a facerse con algún dos premios que ascenden a 2.120 euros. Participarán na gala disfraces e colectivos locais, da comarca e chegados de lugares como Porto do Son, Ordes, Santiago, Teo, Narón ou Vilagarcía de Arousa.

O concurso celebrarase co público sentado e cos participantes facendo a súa intervención sobre escenario nun festival que estará presentado polo humorista arzuán Xan Veiga. A apertura de portas será ás 16:00h.

Desde o Departamento de Cultura animan á veciñanza a asistir para gozar dun serán de entretemento no que haberá moita creatividade e moito humor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta