Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025 | Actualizada ás 11:10
A etapa de Victor F. Freixanes como presidente da Real Academia Galega (RAG) terminou tras oito anos no cargo. A secretaria Margarita Ledo Andión asumirá a presidencia de forma interina.
O xa expresidente da Rag formalizou o fin do seu mandato, tras oito anos no cargo, ante os membros do Plenario da xunta ordinaria celebrada este venres no Pazo de María Pita, segundo informou a academia nun comunicado este sábado.
Así, Ledo será a encargada de pór en marcha o proceso electoral da nova comisión executiva da Academia nun prazo inferior a tres meses, segundo os Estatutos da organización. As candidaturas á presidencia da Rag deben ser presentadas por tres membros de número da institución, nun prazo que finalizará 48 horas antes á data que se fixe para realizar o pleno extraordinario da elección.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.