Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2025 | Actualizada ás 10:24
O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) subiu un 6% en febreiro en Galicia, en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.
Esta cifra contrasta coa rexistrada a nivel estatal, xa que de media no total de España a produción industrial caeu un 2,4% no segundo mes deste exercicio. Así, no que vai de ano a actividade das fábricas de Galicia creceu un 1,7%, mentres que a nivel nacional baixou un 1,8%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.