Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 10:50
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que pedirá ao Parlamento de Galicia a celebración do debate do estado da autonomía para despois da Semana Santa, sen concretar data aínda.
Así o avanzou durante un debate este mércores na Cámara coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, centrado na sanidade que se celebrou tres días despois da manifestación en Santiago convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
Rueda asegurou que o galego é un dos servizos de saúde "mellores do mundo", aínda que recoñeceu que "por suposto hai cousas que mellorar". Para falar disto e outros asuntos, así como para contrapor "dous modelos" de xestionar, o presidente confirmou que pedirá "o máis axiña posible" a celebración do debate de política xeral. O último foi en outubro de 2023, nos últimos meses da anterior lexislatura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.