Ada Colau defende un cambio en Galicia con MareasEnComún

“Hai futuro para o cambio en Galicia!”, destaca a alcaldesa de Barcelona sobre o inicio, esta fin de semana, das conversas entre as mareas municipalistas de cara a crear un espazo común para as eleccións galegas.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 05/05/2016 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Barcelona e líder de Barcelona en Comú, Ada Colau, apoiou o movemento de cambio iniciado polas mareas en Galicia e deu o seu apoio ás MareasEnComún porque son o “futuro” para o cambio en Galicia.

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro
A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro | Fonte: Concello da Coruña

"Hai futuro para o cambio en Galicia! as MareasEnComun pon rumbo cara á confluencia". Foi o tweet que escribiu este mércores a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, en referencia á reunión convocada na Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames (A Coruña), "para dar os primeiros pasos para reunir ás forzas do cambio nunha opción política capaz de gañar e pór as institucións ao servizo do ben común", segundo os seus anunciaron os seus organizadores.

Diversos partidos, organizacións e movementos sociais foron convidados a participar nesta reunión, que será aberta á cidadanía galega. As Mareas en Común é un proceso formado por iniciativas municipalistas de toda España que organizaron para este sábado a primeira fase de Marea Viva, un espazo constituínte pensado para facilitar a confluencia das "forzas do cambio nas eleccións galegas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta