A vicepresidenta da Deputación da Coruña corrixe a Bieito Lobeira

A membro da área de Organización e Institucional, Goretti Sanmartín, asegurou que "nin o pacto" co PSOE nesta institución "nin o de Pontevedra están en risco ou perigo", malia o acontecido na Deputación de Lugo e despois de que o tamén integrante da Executiva Bieito Lobeira dixese que se revisarían os acordos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

En declaracións a Europa Press, Sanmartín aclarou que "en todo momento o BNG mira que haxa un seguimento dos acordos asinados", tanto o acordo marco para todas as deputacións, como para cada pacto especificamente. Referíase así as declaracións de Lobeira quen este martes apuntaba que, a partir de agora, o BNG mirará con lupa todos os acordos cos socialistas nos órganos provinciais.

Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG
Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG | Fonte: EP

Neste sentido, incidiu no caso "excepcional" que foi o de Lugo, coa cuestión concreta de Manuel Martínez, o alcalde de Becerreá, que primeiro non se suxeitou á disciplina de voto para facer presidente a Darío Campos e despois participou na moción de censura pero, tras quedar fóra das áreas de goberno pola oposición do BNG, abandonou o Grupo Socialista.

Goretti Sanmartín afirmou que o pacto na Coruña "funciona perfectamente", como así tamén acontece en Pontevedra. Na súa experiencia persoal, dixo que hai "absoluta normalidade". "Nin o pacto da Deputación de Pontevedra nin o da Coruña están en perigo, pode quedar absolutamente claro. Non hai risco dunha situación similar á de Lugo, que é excepcional", aseverou.

Sanmartín, que asegurou que o contacto co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, tamén é "frecuente" e por iso pode trasladar que "non hai ningún problema", insistiu en que o de Lugo é "unha cuestión puntual".

Sobre iso, recordou que o PSOE negociou uns presupostos provinciais co PP "a costas" dos seus socios do BNG. "Se son dúas forzas socias dun goberno, o normal é que os presupostos os fagan os socios de goberno e, o que non se pode facer, é pactar a costas", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Q9TW

O problema é en Lugo, onde nos últimos tempos as baixas foron numerosas, dende o 2012 ata hoxe, pero nen Paz Abraria, nen Suso Mendez, nen Sé Ferreiro, se deron de baixa,..... Esta xente sempre estivo en contra de formar goberno na deputación de Lugo, sen respetar as opinións das comarcas da Mariña(que os doblan en votos) nen Lugo-Sul, e agora están moi contentos xa conseguiron o seu obxectivo,

5 comunista independentista

Despois de perder 2/3 dos votos no 20D e 1/3 dos votos no 26X pensa dimitir o Trío Mandíbulas (Callón-Rodil-Présas) ou van volver a se presentar a ver se se pode baixar aínda máis?

4 Balbino Fernández

ñan, ñan, ñan... que ben prestan as mamadurrias. ñan, ñan, ñan... reparto, asesores, colocados, empresas amigas, clientes, favores, negocios. ñan, ñan, ñan... pacto co PsoEspañol. ñan, ñan, ñan... se as Mareas trincan, se os do Partido Podre engordan, nós aproveitamo dos nosos socios nas listas. ñan, ñan, ñan... Goretti.

3 Alberte

Queres dizer "choio"? Sim, a Goretti é professora na UDC. O Lobeira já não che sei.

2 Alberte

Queres dizer "choio"? Sim, a Goretti é professora na UDC. O Lobeira já não che sei.