En concreto, Lobeira, exdirixente do BNG, estuda Antropoloxía na UNED e ten como centro asociado o de Pontevedra, onde acudiu a examinarse o pasado mes de xaneiro. Con todo, as probas escanéanse e envíanse a Madrid, onde o profesor que viu o seu exame non llo cualificou, polo que acabou suspendendo.
  comenta   0
Miranda volve encabezar unha lista que suma a Bieito Lobeira, o pescador e divulgador Rogelio Santos e que pecha un familiar dun dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.
  comenta   0
Pontón destacou que Bieito Lobeira ten "total dedicación" cos órganos de dirección e que para esta organización é un "luxo" ter a persoas como Bieito, cunha "entrega" absoluta.
  comenta   0
O histórico Bieito Lobeira deixa a coordinación da área de Organización e pasará a levar a de relacións cos movementos nacionalistas.
  comenta   2
Dos sloganes "independencia" e "autodeterminación e poder popular", que tanto coreaba a UPG nos tempos de Beiras e Quintana, pasouse a "soberanía nacional", que serve para dicir que o Bloque non é "independentista" e, ao mesmo tempo, para que participe en manifestacións pola independencia de Cataluña ou Euskadi.
  comenta   9
Por que a voceira nacional do Bloque desafía á cúpula da UPG, o seu propio partido e o que a puxo de candidata á Xunta?. Nesta crónica faise un pequeno percorrido pola historia recente do nacionalismo galego para achegarse ao que pode estar pasando no interior dunha das organizacións máis herméticas da política galega. Non hai tres motivos. O principal motivo ben o sabe Ana Pontón e a cúpula da UPG.
  comenta   23
O xuízo contra os activistas denunciados polos Franco por unha protesta na Casa Cornide será o 4 de febreiro. Entre eles están activistas sociais, sindicais ou membros da Executiva do BNG.
  comenta   0
Medra a mobilización contra o proceso "a poucos días" de que a Audiencia Nacional faga pública a sentencia. Os apoio tamén chegan dende outros puntos do estado, coa sinatura de Otegi e outros líderes do independentismo vasco e catalán.
  comenta   2
Cómpre entender que os órganos de dirección política das administracións, en boa lóxica, teñen que ser unha sorte de equipos que xunten diferentes perfís de varias disciplinas. Ou así tiña que ser cando menos, na teoría da boa práctica política. Uns equipos que debatan e poñan en común, despois das discrepancias, os eixos de actuación. Desde unha xunta de goberno local ao propio Consello de Ministros, actúan de esta forma. Nos gobernos dunha soa formación e tamén en aqueles de coalición, nestes últimos baixo a premisa da lealdade e coherencia.
  comenta   0
Algunhas voces apuntan a necesidade dunha reforma constitucional que reflicta a realidade 41 anos despois de aprobarse a actual Constitución. Outras posturas declaran que o documento é suficientemente amplo para seguir vixente e adaptarse a cada nova época. Falamos cos principais líderes e dirixentes políticos de Galicia: Gonzalo Caballero (PSdG), Luís Villares (En Marea), Pedro Puy (PPdeG) , Bieito Lobeira (BNG) e Luca Chao (Grupo Común da Esquerda) para coñecer o futuro da Carta Magna.
  comenta   7
As dúas forzas acordaron traballar xuntas de cara aos comicios nun pacto que se foi fraguando hai xa semanas. Os militantes de CxG aínda non recibiron confirmación oficial do pacto, a diferencia das comarcas do BNG. A decisión de non presentarse de Anova e En Marea visibiliza un fracaso interno e colectivo e deixan un campo electoral aberto que pode acrecentar aínda máis as opcións políticas con sede en Madrid.
  comenta   31
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego encabezada pola súa portavoz en Europa, Ana Miranda, participa este mércores en Barcelona nos actos da Diada convidada por Esquerra Republicana de Catalunya.
  comenta   1
Insiste en que Galicia "recupere voz propia" en Madrid pero non rexeita a posibilidade de ter grupo propio con vascos e cataláns. "Diso falaremos se temos representante en Madrid", di Bieito Lobeira.
  comenta   8
A vicesecretaria de Comunicación do PP, Marta González, anima ademais a Bieito Lobeira, do BNG, que demostre que o PP anima a actos violentos.
  comenta   1
Os nacionalistas volven ás esencias do discurso nacionalista e aproximanse aos postulados de ERC e Bildu, cos que irán en coalición. Tamén levarán iniciativas ás institucións nas que teñen representación.
  comenta   10
O PP non ten reparos en aliarse con unha marea para botar dun concello a unha coalición de Bloque e Esquerda Unida. Somos Cabanas ofrécese como aliado.
  comenta   13
A membro da área de Organización e Institucional, Goretti Sanmartín, asegurou que "nin o pacto" co PSOE nesta institución "nin o de Pontevedra están en risco ou perigo", malia o acontecido na Deputación de Lugo e despois de que o tamén integrante da Executiva Bieito Lobeira dixese que se revisarían os acordos.
  comenta   6
"Hai unha grande coalición nauseabunda, conformada por unha banda caciquil no Partido Popular, sumada por un tránsfuga obsesivamente ególatra co concurso do Partido Socialista", di Bieito Lobeira.
  comenta   4
“Ninguén -nin a Audiencia Nacional nin ningunha campaña político-mediática de desprestixio- vai conseguir alterar o inquebrantábel compromiso da nosa organización coa defensa da Galiza e do seu pobo traballador”, destaca a Executiva Nacionalista nun comunicado remitido aos seus militantes.
  comenta   12