En Marea xa desautorizou a moción en Fene, pero o BNG segue a pedirlle explicacións

O PP non ten reparos en aliarse con unha marea para botar dun concello a unha coalición de Bloque e Esquerda Unida. Somos Cabanas ofrécese como aliado.

Por Galicia Confidencial | Fene | 13/10/2017 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

PPdeG e BNG pronunciáronse este venres sobre a moción de censura de Fene. Os conservadores para xustificala, malia que o seu aliado, Somos Fene, presentouse como unha marea. Os nacionalistas para pedir a En Marea que desautorizase aos de Somos Fene, algo que xa fixeron hai dous días.

Rolda de prensa de Lobeira e do alcalde de Fene Juventino Trigo
Rolda de prensa de Lobeira e do alcalde de Fene Juventino Trigo | Fonte: BNG Ferrolterra

Así, Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG, compareceu hoxe ante os medios acompañando do alcalde que probablemente perderá o cargo. Lobeira pediu explícitamente a En Marea e ao seu líder Luís Villares que tomen medidas contra os dous edís de Somos Fene, “máis alá de aspectos declarativos”.

En Marea xa publicou o mércores, en canto se confirmou a presentación da moción de censura,  emitiu un comunicado no que “rexeita categoricamente a moción de censura presentada por Somos Fene co apoio do Partido Popular no Concello de Fene e que segue a liña de tráfico político coa que o PP está operando en concellos como Sanxenxo, Tui ou o propio Fene”. A coalición non tivo reparos en aplaudir o traballo do Bloque ao sinalar que “é necesario salientar o traballo municipal que desenvolve o actual grupo de goberno formado por BNG-EU en favor das melloras sociais e da atencións ás necesidades da veciñanza, un labor dificultado permanentemente polos tres grupos de oposición nese concello”. Malia isto, hoxe o Bloque teimou que "En Marea debe ser clara para que os votos duns tránsfugas non outorguen o goberno de Fene ao PP".

Dende o PPdeG tiran do argumentario de sempre para xustificar as mocións de censura. O feito de que os seus socios sexan nesta ocasión unha das “mareas de Podemos” non lle suscitou ningún comentario ao seu voceiro. Miguel Tellado dixo hoxe que non non cre que superaran ningunha liña vermella ao formar esta coalición tan sorprendente porque “os veciños de Fene están descontentos cun goberno que non foi quen de dar estabilidade”.

Tellado lembrou que o BNG montou incialmente un goberno canda PSdeG e Somos Fene pero que “ese pacto durou moi pouco”. “Con catro concelleiros non se pode gobernar o Concello de Fene”, engadiu. En realidade son cinco, pois o Bloque sumou un edil de Esquerda Unida ao executivo local cando rachou a súa alianza inicial con nacionalistas. 

Por outra banda, o alcalde que posiblemente perderá o cargo, Juventino Trigo, dixo que detrás da moción había un intento de parar unha investigación sobre un presunto caso de corrupción que afectaría a un concelleiro do PPdeG pola desaparición dunhas farolas na lexislatura anterior, cando gobernaban os conservadores. “Destrás desta moción está o interese de tapar as corruptelas do PP investigadas pola Xustiza", declarou.

Dende a marea veciña de Somos Cabanas piden diálogo para evitar o pacto co PP. “A candidatura de Cabanas detectou diferenzas entre as candidaturas de esquerda en Fene que se poderían resolver con vontade e asentando principios de respecto e escoita activa” din antes de ofrecerse como mediadores. Aos de Somos Fene advírtenlles que “calquera das persoas que participaron nestas candidaturas non debe amparar actuacións que vaian en contra do espírito e principios que as inspiraron”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 Pufos Bng

Lobeira vai comezar a traballar algún día ou vai vivir toda a vida da teta de EspaÑa?

1 Tadetas

E a Mercedes Tobío vai polo mesmo camiño, xa se colocou na Deputación da Coruña

3 bautista do unto

O marrulleiro Lobeira, pretendendo pescar en rio revolto. Sabe que eses dous preas de Fene foro expulsados do partido polo que se presentaron, que non e En Marea. Sabe que En Marea, antes que o BNG, condenou a moción de censura de Fene, pero a Lobeira dalle o mesmo

2 Carlos GV

Em Rairiz de Veiga outro tanto do mesmo o Alcalde do BNG com maioria absoluta apresentou-se pelo Partido Podre e também maioria absoluta, não temos remédio damos noxo.

1 Lozano & Lores SLU

Miguel Tellado o canciño do Partido Podre que chegara enchufado do BNG en Radio Fene, como Padín ex concelleiro do BNG en Tui gobernando co Partido Podre, como aquel Serrano concelleiro do BNG de Portomarín hoxe alcalde polo Partido Podre, como na Porqueira, como na Cañiza... E seguirán colocándose á sombra de quen os manteña!!! Arredemo, agora comezan na Marea a desertar para engordar baixo o parauguas do Partido Podre!!! Canto unto, que diría Bautista!!!

1 Antipolítica

Podre estará máis o ben que nos sabe

2 Benito Pérez Galdós

E non te esquezas do alcalde de Rairiz de Veiga do BNG que acabou sendo alcalde do PP. Fixeron a Fraga Senador Jajaja Van vir dende o BNG dar leccións de pulcritude.

3 Miñaxoiña

Xa o di miña nai mal de muchos, consuelo de... Penoso o noso.

4 SálvamedeLugho

A ver se entendo....sodes PPsoeiros, e queredes que cando goberne o Bng nun sitio, non poida entrar outro que un do BNG na radio (Miguel Tellado)...sodes PPsoeiros e pedides que ninguén poda sair a Converxencia 21 que goberna co PP ou si o fai será culpa do BNG (Padin)...sodes PPsoeiros e non hai que perder moito tempo coas vosas parvadas. Se o BNG fixese o que vós queredes o tratarían como unha organización terrorista ou peor. O importante é: ¿LEVADES FEITO ALGO BO NO TEMPO QUE LEVADES GOBERNANDO? ou é que queredes QUE GOBERNE O MENOS "RUMOREADO" ? Qué pasa cos xantares de Beiras con Fraga, a calada de Yolanda agora con Reganosa, as relacions do PSOE co GAL, o engano de Pepiño co AVE a Galiza, o FRACASO ROTUNDO dos vosos alcaldes ...etc? . Menos mal que non son do BNG, que si por min fose saíades todos a traballar ás leiras en canto gañase. Ide a pelar fabas un pouquiño .

5 Fada-raposa

Menos mal que non es do BNG! E non se che nota nadiña! E que tan ben chuchades co P$$$oEspañol, e que aínda non hai tanto apoiastes a ZP e a mesmo Magdalena Álvarez do plan Galicia de merdé, e tiñades a Felipe dos Gal como modelo... Orozco, Caballero, Carmelo Silva... da memoria ao presente! E claro, se criticamos somos da Marea de Podemos... Amén.

6 Fada laverca

Non usurpes os meus nicks fai o favor.Ademais eu paso das vosas penosas liortas e teimas. Nin entro ao trapo de provocadores que non sei a quen serven.

7 SálvamedeLugho

Nótaseme pouco, ves ti? O que podes notar polo lado da caralla é que non vou desbotar a quen o fai ben por quen NON FIXO NADA. Sendo como son os demáis, crés que hai que seren do BNG para renegar da corda de inúteis que gobernan Galiza porque a xente coma vos non lles cadra nos seus plans elexir o que polo menos o fai ben?