O BNG acusa á Audiencia Nacional de querer “desprestixiar” á Nós-Candidatura Galega

“Ninguén -nin a Audiencia Nacional nin ningunha campaña político-mediática de desprestixio- vai conseguir alterar o inquebrantábel compromiso da nosa organización coa defensa da Galiza e do seu pobo traballador”, destaca a Executiva Nacionalista nun comunicado remitido aos seus militantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 08:45

Comparte esta noticia

A Executiva Nacionalista do BNG está “perplexa” e “estrañada” coa decisión da Audiencia Nacional de citar a declarar como testemuñas ao líder da formación, Xavier Vence, e ao secretario de Organización, Bieito Lobeira, no xuízo que se sigue contra a cúpula de Causa Galiza pola súa vinculación con Resistencia Galega.

Bieito Lobeira, secretario de Organización do BNG nunha rolda de prensa
Bieito Lobeira, secretario de Organización do BNG nunha rolda de prensa | Fonte: bng.gal

 

Por iso, decidiu emitir un comunicado a toda a súa militancia no que  di que “non se entende a relación -nin como persoas nin como organización política- cos feitos investigados nesta causa”. De feito, a dirección nacionalista vai máis alá e acusa á Audiencia Nacional de seguir unha “estratexia de raíz política que pretende desacreditar o BNG co ánimo de erosionar electoralmente a alternativa nacionalista, isto é, Nós-Candidatura Galega, de cara ás vindeiras eleccións xerais”.

 

Non cremos nas casualidades, e non é casual que a declaración na Audiencia Nacional, en Madrid, se produza seis días antes das eleccións xerais do 20 de decembro. A intención é obvia e torpe a un tempo: a procura da imaxe de referentes do BNG declarando na Audiencia Nacional”, indica esta misiva á que tivo acceso GC.

 

A formación nacionalista quere manifestar “con absoluta claridade que ninguén -nin a Audiencia Nacional nin ningunha campaña político-mediática de desprestixio- vai conseguir alterar o inquebrantábel compromiso da nosa organización coa defensa da Galiza e do seu pobo traballador, nin desviar a atención da nosa prioridade política imediata: conquistar o 20 de decembro os mellores resultados electorais para a alternativa representada por Nós-Candidatura Galega”.

 

Por iso, insta á militancia do BNG e ao corpo social nacionalista a “redobrar esforzos e traballo”. “Se este escandaloso proceso evidencia algo, é que o nacionalismo galego é, no noso país, o movemento político que en maior medida molesta ao poder económico e político do estado”, engade.

 

Así, denuncia que estes poderes “están dispostos a utilizar calquera método para silenciar a voz xenuína e non submisa do pobo galego”. Por iso, a dirección nacionalista suliña que actuará como sempre fixo. “Con determinación, coa cabeza ben alta e a conciencia tranquila. Non nos calarán”.

 

Este é o escrito completo:

 

Prezada compañeira:

Prezado compañeiro:

 

Con data de 20 de novembro, o Portavoz Nacional e o Secretario de Organización do BNG recibiron notificación para compareceren, o día 14 de decembro, na Audiencia Nacional (Xulgado Central de Instrución nº 6, en Madrid, que dirixe o xuíz Eloy Velasco), co fin de prestaren declaración en calidade de testemuñas no proceso 120/2015.

 

Tras recibiren a citación, o BNG solicitou información á Audiencia Nacional sobre o referido proceso, para descubrir con sorpresa que se trata das dilixencias previas abertas contra a organización política Causa Galiza, despois da detención de varios dos seus integrantes, interrogados e finalmente postos en liberdade con cargos o día 2 de novembro.

Diante desta situación, a Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego xulgou preciso trasladar a toda a militancia e simpatizantes da nosa organización as seguintes consideracións políticas:

 

1. O BNG quere expresar a súa perplexidade e estrañeza por esta citación -aínda que sexa en calidade de testemuñas- a dous responsábeis políticos da Executiva Nacional. Non se entende a relación -nin como persoas nin como organización política- cos feitos investigados nesta causa.

2. Resulta máis que chamativa a data de citación. Non cremos nas casualidades, e non é casual que a declaración na Audiencia Nacional, en Madrid, se produza seis días antes das eleccións xerais do 20 de decembro. A intención é obvia e torpe a un tempo: a procura da imaxe de referentes do BNG declarando na Audiencia Nacional. Nese sentido, é evidente a existencia dunha estratexia de raíz política que pretende desacreditar o BNG co ánimo de erosionar electoralmente a alternativa nacionalista, isto é, Nós-Candidatura Galega, de cara ás vindeiras eleccións xerais.

3. O BNG quere manifestar con absoluta claridade que ninguén -nin a Audiencia Nacional nin ningunha campaña político-mediática de desprestixio- vai conseguir alterar o inquebrantábel compromiso da nosa organización coa defensa da Galiza e do seu pobo traballador, nin desviar a atención da nosa prioridade política imediata: conquistar o 20 de decembro os mellores resultados electorais para a alternativa representada por Nós-Candidatura Galega.

4. Instamos á militancia do BNG e ao corpo social nacionalista a redobrar esforzos e traballo pola consecución dos obxectivos antes expostos. Se este escandaloso proceso evidencia algo, é que o nacionalismo galego é, no noso país, o movemento político que en maior medida molesta ao poder económico e político do estado. Están dispostos a utilizar calquera método para silenciar a voz xenuína e non submisa do pobo galego. Sexamos conscientes e actuemos como sempre fixemos. Con determinación, coa cabeza ben alta e a conciencia tranquila. Non nos calarán.

 

Bieito Lobeira

Secretario de Organización

Bloque Nacionalista Galego

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Independentista

Lobeira e vence,vaia par de listos. Os da Audiencia non teñen nin idea. Eses dous móllanse só pola súa comenencia.

7 cachamuiña

Para desprestixiar a NOS CAGA, xa abonda con Bieito Lobeira

6 Paleonacionalista Galego

O día 20 En Marea vai mandar a Paco Rodrigeuz ós libros de historia e a Bieito Lobeira a pescar rodaballos. Acabósevos o conto, berenjenos.

5 Rayleigh

Ben...queda claro quen de verdade molesta o R78...E non son nin PODEMOS, nin os altermundistas-rupturistas, nin Yoli´. As investigacións unha e outra vez a Lores (despois dunha investigación anterior de SETE MESES!), e agora isto, alegando confusas razóns para asociar (insulta que algo queda) ó BNG con unha asociación terrorista. Sen contar outras pequenas cousiñas coma que as causas xudiciais contra o PPSOE SE PARALIZAN EN ELECCIÓNS, "para non afectar ó desenrolo do proceso democrático". Aquí se ve quen molesta e quen non. Outros van de guais, mentras os medios de dereitas lles pasan a man polo lombo...mentras presumen de "anticasta". Outra cuestión é por que non saen novas sobre a FPG (partido dentro de ANOVA) e a súa relación coa loita armada? Pero claro...Os "rupturistas" encantados con todo isto.

1 chachopeñaloza

A upg nunca utilizaria ao poder xudicial porque o partido e o poder total. Non tería sentido. Eu como eleitor casi prefiro non votar e así favorecer ao pp como sempre din os revolucionarios aspirantes ao bo vivir. Non hai saida, todo e sistema, os que se chaman esquerda transformadora e defensora do pais son unha verdadeira máquina de queimar militancia e ilusións. Ala a ir a audiencia nacional e quedar de mártires, o propio poder vos da unha autoridade moral que non tedes. E a seguir vivindo do conto.

2 Rayleigh

Que si que si...Como non!! Menos mal que hai xente esperta...Foi a UPG que como todos sabemos, controla o Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional e a Xustiza do Estado Español, a que para quedar coma mártires monta comparecencias xudiciais que os do PPSOE intentan evitar a toda costa (se teñen que cargarse o xuiz, fanno). Como non caímos antes? Sabes que rapaz? Vota ó PP e deixa de dar a murga facéndote a doncela ofendida na súa virtude. Ou vota os mareados eses que foron elexidos en "primarias", non? Xa sabes, os que montan chiringuitos coma se foran xoguetes que cando xa está rotos, os tiran (AGE según Beiras dixit). Total, para a carne de cañón que son...dan o perfil.

4 Maritrini

Paradoxico que estos que nunca se mollaron en nada ou vendían siempre a sus Nai antes de por en perico o seu estatus de depurados se vexan metidos en xuizoa en vez de ir a petar no peito de acompañantes fora dos xulgados