Que pasa no BNG?... As causas que motivan a "reflexión" de Ana Pontón

Por que a voceira nacional do Bloque desafía á cúpula da UPG, o seu propio partido e o que a puxo de candidata á Xunta?. Nesta crónica faise un pequeno percorrido pola historia recente do nacionalismo galego para achegarse ao que pode estar pasando no interior dunha das organizacións máis herméticas da política galega. Non hai tres motivos. O principal motivo ben o sabe Ana Pontón e a cúpula da UPG.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 31/08/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Abro este proceso de reflexión con toda a normalidade para analizar neste momento cal é a achega que teño que facer”.  É a mañá do 26 de agosto e Ana Pontón revoluciona a política galega. O seu anuncio de “reflexión” nun momento de “suposta” máxima calma do BNG e nun dos seus mellores momentos electorais e políticos fixo saltar moitas alarmas, e non só as da cúpula do seu partido, senón as dos contrincantes. Que pasou para que a muller que se ve con posibilidades de gobernar a Xunta dera tal golpe de autoridade nunha formación nada acostumada aos tiróns de orellas internos e, sobre todo, cando se fan públicos?.

Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016
Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016 | Fonte: UPG

Son consciente de que o meu anuncio sorprendeu moito” porque non é o proceder habitual nun partido cando os resultados son favorables, pero Ana Pontón “non quere estar porque si”. A líder nacionalista repetía e introducía novas chaves para entender o seu golpe na mesa días despois, este luns, 30 de agosto. E, por que , Ana Pontón “non quere estar porque si” no BNG?.

Para entender a súa decisión hai que entender como se moven os fíos dunha das organizacións máis herméticas da politica galega, especialmente, tras a ruptura de Amio e a hexemonía que no Bloque acadou a Unión do Povo Galego (UPG), o partido no que milita a propia Ana Pontón. 

Desde 1975, coa constitución da Asemblea Nacional - Popular Galega (AN-PG), a UPG mantivo sempre unha gran influencia en todo o movemento nacionalista galego, tanto político, como social --a través de distintas plataformas--, como sindical --a través da CIG--. Unha hexemonía baseada nunha férrea militancia e, sobre todo, nun traballo continuo e constante por crear os piares dun futuro estado galego. Un traballo lento, difícil moitas veces, pero que, grazas a súa disciplina comunista, foi acadando os seus obxectivos. Algo que é difícil de atopar na política nestes momentos, militantes comprometidos co país e dispostos a traballar a reo.

Uns obxectivos que se acadaron, finalmente, co BNG, orixinalmente constituído en 1982, na Asemblea de Riazor, como un bloque que se foi consolidando con distintas formacións nacionalistas e independentistas nas que había desde comunistas, ata conservadores, pasando por socialistas, liberais e ata anarquista. E en todos os anos da historia do BNG, a UPG sempre foi quen de controlar boa parte dos fíos do nacionalismo galego.

Arquivo - A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación que convocou o partido con motivo do Día dá Patria Galega, a 25 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación que convocou o partido con motivo do Día dá Patria Galega, a 25 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press - Arquivo

Un control que se fixo case absoluto a partir da famosa Asemblea de Amio, en 2012, que supuxo a ruptura do BNG case á metade, cunha UPG controlando a súa Executiva e o resto de forzas, principalmente, os Irmandiños de Beiras marchando do Bloque. Desde entón, e ata agora, todo o que pasa no Bloque é o que decide a UPG.

SEN BEIRAS E QUINTANA, DOMINO ABSOLUTO DA UPG

Ata ese xaneiro de 2012, a UPG tivera que lidiar primeiro con Beiras --o histórico líder do Bloque sempre enfrontado ao outro histórico líder da UPG, Francisco Rodríguez-- e logo con Anxo Quintana. Ningún dos dous era da UPG, pero os dous acabaron sendo, dun ou doutro xeito, controlados polas decisións da UPG a través dunha Executiva na que soian ter sempre maioría. Nin Anxo Quintana, nin Xosé Manuel Beiras tiveron plenamente as mans libres para facer a política que querían facer, sobre todo, porque se debían a unha organización na que as decisións eran “colectivas” porque emanaban das asembleas nacionais e que se configuraban logo, nos órganos internos de decisión, a través de cotas de poder saídas desas votacións. Unhas cotas de poder nas que a UPG tiña maioría pola súa férrea militancia que acudía a votar sempre de xeito masivo.

Logo de Beiras e Anxo Quintana chegou a travesía do deserto para un BNG que era máis UPG que nunca, con algúns independentes e o Movemento Galego ao Socialismo (MGS), un grupo excindido da UPG e escorado a posicións máis independentistas. Era o 2012. Foi o momento no que Guillerme Vázquez era elexido  voceiro nacional, e Francisco Jorquera de candidato á Xunta nunha inédita bicefalia no BNG. Ao final dese ano tiñan lugar unhas eleccións galegas. O BNG pasaba de 12 escanos de 270.000 votos a 146.000 papeletas e sete parlamentarios. A Alternativa Galega de Esquerdas montada por Beiras uns meses antes pasaba por riba con nove escanos. Ese mesmo decembro, Guillerme Vázque dimite. 

No 2013 ten lugar outra Asemblea Nacional. Tras o batacazo electoral, a UPG tenta “ensanchar” a estrutura interna do BNG e propón a unha persoa non militante da UPG, Xavier Vence, como voceiro nacional. Vence tenta convencer aos poucos independentes que aínda quedaban no BNG, e que pertenceran a Máis Galicia, para que se integren na Executiva, pero declinan. Finalmente, boa parte destes dirixentes, con Carlos Aymerich, ao fronte, acaban deixando tamén o Bloque que queda xa absolutamente en mans da UPG. Polo medio , as eleccións europeas do 2014, na que o BNG obtén tan só 80.000 votos e as xerais de 2015 e 2016, con Carlos Callón como candidato na Coruña e Luís Bará, por Pontevedra. 70.000 e 45.000 votos levaban neses comicios perdendo a representación no Congreso.

CHEGA ANA PONTÓN

Pero o camiño polo deserto continuaría nas galegas de 2016, xa con Ana Pontón, como candidata. Entón o BNG baixaba a seis escanos e 119.000 votos. E é a partir deste batacazo electoral que hai que entender o que hoxe está acontecendo no BNG. 

Ana Pontón chega de rebote a ser a voceira nacional do BNG. Na Asemblea Nacional do ano 2016, a UPG propónlle a Carlos Callón liderar o Bloque. O ex presidente da Mesa pola Normalización Lingüística di que non alegando que quere continuar a súa vida académica. A segunda opción é Jorquera, que tamén declina. Son moitos anos xa na vida política e cre necesario dar o relevo a xente nova. A última opción da dirección da UPG é Ana Pontón, xa unha veterana deputada no Parlamento galego no que entra en 2004, con 27 anos. Nese 2016, xa con 39 anos e con 12 anos como parlamentaria, sae como nova líder dun BNG diminuído que ten un dos seus perores resultados ese ano.

Pero, a partir de entón, comeza a remontada do BNG, en parte polo pertinaz e innegable traballo das bases, a militancia e a organización da UPG nos anos da travesía no deserto que é de salientar e mesmo louvar, e, en parte, polo esfaleramento das mareas. Un esfarelamento provocado por grandes erros propios, loitas internas de poder e egos desmedidos e aumentado pola presión de poderes económicos e mediaticos.

Foi nesa coxuntura na que se foi creando a imaxe de liderato de Ana Pontón que pasou de ser a responsable dun dos principais batacazos electorais do BNG a ser a principal artífice dun dos mellores resultados nuns comicios galegos, 19 escanos e 310.000 votos, só superada polos 395.000 de Beiras en 1997, aínda que obtendo 18 escanos.

ANA PONTÓN VESE DE LÍDER

Unha imaxe sustentada na súa experiencia na Cámara galega, na súa boa relación cos medios de comunicación, por ser a única muller líder dun dos grandes partidos galegos e, sobre todo, polo traballo e coordinación con parte do equipo da Executiva que sae da XVI Asemblea Nacional do 2017. Un equipo de xente moza coa que Pontón sintoniza e que son os que, nestes momentos de “reflexión” máis a están apoiando.

Nese núcleo duro está Xavier Campos, o coordinador de Comunicación, e a quen moitos na UPG sinalan como ideólogo da nova estratexia emprendida por Pontón. Tamén están Rubén Cela, a eurodeputada Ana Miranda ou as deputadas Noa Presas e Olalla Rodil.  Pero non están Bieito Lobeira, Montse Prado, Carmen da Silva, Xosé Emilio Vicente ou Néstor Rego que ocupan áreas tan importantes como as de Organización, Parlamento, Políticas Locais, Iniciativas Políticas ou Estratexia.

A "REFLEXIÓN"

Por iso, detrás da “reflexión” de Ana Pontón e de querer estar no BNG “non porque si”, está tamén o seu desexo de poder controlar esas áreas tan importantes da Executiva do BNG que son, realmente, as que deciden a política da organización frontista. No fondo, o que Ana Pontón lle di en público aos seus camaradas de partido é que ela non quere ser como Jorquera ou como Xabier Vence. Nin tan sequera como Quintana ou Beiras. Nonquere que cando publica un artigo de opinión en La Voz de Galicia, haxa algún outro líder da formación, nomeadamente Néstor Rego, que diga en público o contrario.

Ela quere decidir boa parte das mensaxes e a orientación política do BNG con xente que, aínda que sexan da UPG, sexan da súa confianza. Quere falar con todos os líderes sindicais e sociais, e non só cos nacionalistas, quere falar co pequeno e gran empresariado do país --"incluido Amancio Ortega, por que non?”, din no seu entorno-- e ter unha interlocución directa cos dirixentes políticos de Galicia sen que o “politburó” lle diga que non ou lle marque outro camiño polas presións da rama máis política e sindical da UPG.

Neste sentido, chamou a atención en boa parte dos votantes do BNG, alleos ao que acontece e ao que se fía nos órganos internos do BNG e da UPG, esa “reflexión” aberta por Pontón. Unha reflexión interna que trascendeu á opinión pública porque a propia líder nacionalista o quixo así e que obtivo unánimente o apoio dos grandes poderes mediáticos, comezando por El Correo Gallego ou La Voz de Galicia, históricamente, inimigos acérrimos do nacionalismo galego.

Precisamente, ese buscar o apoio externo e “airear as diferencias internas”, máis do que o apoio interno, é o que non lle gusta á vella garda da UPG, esa que sigue controlando os fíos internos do BNG e os resortes de poder de organizacións sociais e sindicais. Por iso, tamén chamou a atención que destacados dirixentes do BNG, como Néstor Rego e Francisco Rodríguez, secretario xeral e ex secretario xeral da UPG publicaran artigos no Nós Diario, o xornal impulsado polo nacionalismo galego apuntando a liña que debe levar o Bloque Nacionalsita Galego.

OS ARTIGOS DE NÉSTOR REGO E FRANCISCO RODRÍGUEZ

“Para termos, en definitiva un Goberno galego ao servizo do País e das clases populares, un Goberno que nos permita avanzar de verdade no camiño do progreso, do benestar e da liberdade....Esta é a grande tarefa colectiva que temos pola frente, unha tarefa que precisa de todas e de todos nós. Somos conscientes da grande responsabilidade que representa e de que para culminala con éxito precisamos xuntar cada vez máis pobo detrás do nacionalismo até conquistarmos a hexemonía social. Mais, como dicía Castelao, temos fe no noso pobo e, aínda, confianza na capacidade dunha organización cohesionada e determinada a alcanzar os seus obxectivos”, concluía Néstor Rego neste artigo publicado tres días despois do anuncio de Pontón e no que deixa claro que os obxectivos do BNG son “colectivos” --e polo tanto, non persoais-- e cunha “organización cohesionada”.

Precisamente, unhas semanas antes de que Pontón anunciara a súa reflexión, Francisco Rodríguez era moi explícito sobre o rumbo do BNG. “O nacionalismo galego faría ben, precisamente en nome do realismo e do pragmatismo ben orientado, en non basear toda a súa esperanza na competición electoral e na presenza institucional hexemónica, necesaria desde logo. A súa acción política global debe ter como obxectivo prioritario aumentar a conciencia nacional e amolecer unha mentalidade social petrificada pola dependencia e a subordinación que nos españoliza. Da defensa tan puntual como reiterada, que está a facer  das clases populares do país debe derivar a conclusión política pertinente. Sen medo  ao debate social que poda e deba derivarse. E insistir, con paciencia en obxectivos nacionais galegos para saírmos da prostración en que nos teñen sumidos. Non podemos seguir afogados pola idea de sermos solidarios con todos, menos con nós”, escribía noutro artigo publicado en xullo no Nós Diario. e, curiosamente, reproducido recentemente na web da UPG.

Unha chamada de atención a que o obxectivo do BNG non ten que ser tanto “conquistar a Xunta”, como crear unha “conciencia nacional galega”. Algo no que non coincide con Pontón e o seu entorno que están convencidos de que, con outro discurso e outros métodos, Galicia podería ter a primeira presidenta nacionalista da súa historia. Falta por saber cal será a decisión da cúpula da UPG --que por primeira vez ten diferencias importantes entre os seus propios militantes--  sobre esa “reflexión” da súa voceira para que os obxectivos dela e da organización sexan comúns. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

12 Sentidiño

O outro Paco apoia a "U": El papa: “Si voy a Santiago, voy a Santiago; pero no a España, que quede claro”

11 Vasily Zaisev

Quería deixar a miña opinión e respostar a algúns comentarios, mais non atopo ningún termo galego equivalente ao castelán «pollaviejas». Algunha suxerencia? Grazas.

1 Zorza

"Millennial posmoderno"? (ou mellor aínda, "posmoderne"...).

10 Xesús Ateo Recalcitrante

Ah! Esquencíame: os meus apoios nacionalistas a Ana Pontón, hoxe por hoxe a mellor (por non dicir única) alternativa viable a Núñez Feijóo.

9 Xesús Ateo Recalcitrante

A UPG sempre o tivo claro (ou polos feitos así o parece): prefire que BNG perda votos a que se vexa cuestionada a súa hexemonía nas organizacións onde a ten. O exemplo máis coñecido e o acontecido en Amio, onde optaron porque o BNG rachara. Prefiren ter monicreques nos postos dirixentes que persoas que pensen e organicen.

8 nostrus

Reto a que algun forero simpatizante, militante o devoto del nacionalismo galleguero me diga que ganaríamos los gallegos si el bloque tuviera toda la fuerza que desea. Yo creo que perderíamos competitividad como pueblo, perderíamos libertad como personas al someternos a obligaciones exageradas e innecesarias por el único fin de que ellos pillaran un orgasmo identitario. Los hispanohablantes tendrían que meterse en el armario al no poder estar integrados en la moral nacionalista. Si algo nos protege del desastre nacionalista es la Constitución que estan obligados a roer aunque no quieran.

1 José

Tu no eres gallego, llegaste de fuera, en un paracaídas, no tenemos claro de qué planeta o asteroide, seguramente te botaron del por pándigo. Qué es eso de "galleguero", mentecato?

2 Manda carallo

Tí non es ben. Voxtrus

3 nostrus

Xa, pero ningún dos dous sodes capaces a dicirme que gañaríamos os galegos deixándosnos encandilar polo resplandor nacionalista. Demóstrovos que todo o que nos pode ofrecer é alporizarnos, pero na convivencia saimos perdendo individualmente e como pobo. O nacionalismo revolve a convivencia e inventa inimigos, pretende encerrar a xente dentro dunha cultura que non é precisamente a cultura de Galicia, senon a cultura diseñada polo nacionalismo, que é moi diferente. Non lle fagades p.to caso.

4 Amancio

E por que os simpatizantes do nacionalismo galego temos que querer que o Bloque teña moita forza? Moitos nacionalistas coma min non nos sentimos representados nin polo provincianismo charramangas das forzas españolas en Galicia nin pola esquerda radical que representa o BNG, ainda que poidamos observar virtudes puntuais en todas elas. O que si me chama a atención, caro amigo nostrus, é a tua súbita preocupación pola "competitividade" dos galegos. Galicia é das piores autonomias de España para facer negocios segundo o índice Doing Business. Será culpa do BNG?

5 nostrus

Amigo Amancio, pues si Galicia es mala para hacer negocios, con el nacionalismo sería peor porque antepondría sus manías al buen resultado de los negocios. Para querer a lo mejor para Galicia no hace falta ser nacionalista, es suficiente con tener buenas ideas y buenas intenciones. Yo no soy nacionalista y te apuesto a que no quieres a Galicia mas que yo. Yo respeto y me gusta la cultura de Galicia siempre que la aportación a ella sea de forma voluntaria y recuerda ademas que Galicia es el conjunto, su paisaje, su gente, sus monumentos, sus lenguas, su historia y la ideologia nacionalista se afana en ensalzar unas cosas y esconder otras. Me alegro que ames a Galicia, yo tambien me apunto, pero primero lucha por las personas.