Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 21:45
A Fundación do BNG, a Fundación Galiza Sempre, reuniuse este martes 28 en Santiago para renovar os seus membros do padroado despois da asemblea da formación nacionalista, como indican os estatutos. Rubén Cela e Ana Miranda renovan como presidente e vicepresidenta, respectivamente.
Ademais, seguirán como vogais o deputado do Parlamento Luís Bará e Tania Ameneiro, profesora de galego en educación secundaria. Incorpóranse oito nomes máis, entre os que se atopan Lois P. Castrillo --responsable de finanzas na executiva do BNG e novo tesoureiro da entidade--, Breixo Lousada --responsable de movemento sociais do BNG-- e Lucía López --da área de organización--.
Montse Prado --deputada no Parlamento e responsable de formación--, Inácio Pavón --representante da FGAMT-CIG--, David Rodríguez --escritor e deseñador gráfico-- e Lucía Veciño --traballadora da fundación--. Ademais, Veciño foi designada como secretaria da entidade, substituíndo a Bieito Lobeira, que desempeñaba esta función ata agora.
Como membros consultivos do padroado, seguen Xavier Campos, membro do área de comunicación, e a economista Maica Añón. A composición do padroado queda aberta a posibles incorporacións que poidan facerse ao longo deste período.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.