Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/10/2020 | Actualizada ás 18:00
O Xulgado de Instrución número 4 da Coruña suspendeu o xuízo, previsto para este mércores, contra nove activistas denunciados pola familia Franco pola protesta que realizaron na Casa Cornide para reclamar a súa devolución ao patrimonio público.
Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que explica que o xulgado suspendeu o señalamento "porque dado o elevado número de partes e as dimensións da sala, non era posible cumprir o protocolo Covid".
Os nove activistas, militantes do BNG, son Armando Carril, Manuel Méndez, Elvira Branco, Carolina Fernández, André López, Salvador González, Óscar Calvo, Dani Carballada e Bieito Lobeira. Todos eles estaba previsto que fosen xulgados por un delito leve por coaccións.
A acción, realizada o 26 de setembro de 2017, consistiu en despregar unha pancarta na Casa Cornide para reclamar que este edificio sexa "restituído" ao patrimonio público.
Desde o grupo de activistas denunciados, sosteñen que as acusacións realizadas contra eles "carecen de fundamento" e defenden que a protesta foi un "acto pacífico" nun inmoble que o Franco teñen posto na actualidade á venda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.