O BNG intensifica o seu discurso antiespañol: "É hora de suprimir a Monarquía e dar por morta a Constitución"

Os nacionalistas volven ás esencias do discurso nacionalista e aproximanse aos postulados de ERC e Bildu, cos que irán en coalición. Tamén levarán iniciativas ás institucións nas que teñen representación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2018 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) advertiu de que "é hora" de debater a "supresión da Monarquía", "herdeira do franquismo", e neste sentido avanzou que levará esta proposta a todas as institucións nas que teña representación. Hai que "dar por morta" a Constitución, proclamou a deputada Noa Presas.

Noa Presas e Bieito Lobeira, responsables do BNG, na campaña do 6 de decembro
Noa Presas e Bieito Lobeira, responsables do BNG, na campaña do 6 de decembro | Fonte: EP

Esta radicalización no discurso nacionalista chega xusto cando acaban de acadar un acordo para ir ás eleccións europeas con Bildu e ERC, e despois das críticas internas de certos sectores por acudir unha nutrida representación desta formación hai unhas semanas aos premios de La Voz de Galicia e nos que, precisamente, estaba o monarca español. Tamén coincide coas chamadas de atención deste medio coruñés a súa líder para que rebaixe as críticas contra Feijóo.

Os nacionalistas galegos presentaron este mércores unha campaña con motivo do 40 aniversario da Constitución española coa idea de que Galicia "non" ten motivos para a celebración. Por iso, Noa Presas avanzou unha "forte campaña de contestación" á Constitución, que "nega os dereitos nacionais" e criticará o "relato autocomplaciente das forzas estatais, tanto de esquerda como de dereitas".

Os nacionalistas insistiron en que a Monarquía "non representa" aos galegos e denunciou que a Constitución "blinde" unha institución que "ninguén elixiu" e que é "vitalicia". Eses recursos, que gastan para "cuestións como ir de turismo a visitar un asasino" (en referencia velada ao encontro do rei emérito co príncipe saudita), "poderían ir a gasto social".

Por iso, "o debate está situado na supresión" da Monarquía. "É hora de pór encima da mesa (este debate)", aseverou, para ratificar, a continuación, que así o farán en todas as institucións nas que teñen representación.

Presas incidiu en que a Constitución é "o resultado dunha fórmula fraudulenta do réxime franquista, que deixou todo atado e ben atado" e permitiu "a modernización das estruturas de poder económico e político que sostiña o franquismo" unicamente "mudando a súa aparencia", pero "que non resolve os problemas sociais" do país.

"BEN POUCO QUE CELEBRAR"

"Temos ben pouco que celebrar e moito que reivindicar e denunciar", aseverou Noa Presas, quen advertiu de que a Constitución serviu para "avalar a discriminación da lingua galega, primando o castelán", á vez que se mantén como "coartada da ultradereita española para unha ofensiva contra as linguas do Estado".

Noa Presas remarcou que a Constitución "impide pola vía dos feitos desenvolver os dereitos" dos cidadáns e denunciou, por exemplo, a "reforma exprés" da Carta Magna, do artigo 135 en 2011, que "só tiña o fin de pagar unha débeda ilexítima en detrimento do gasto social". "40 anos despois, a Constitución segue negando o dereito de autodeterminación conquistado por moitos pobos", continuou Presas, quen tamén censurou que "ampare" o uso das forzas militares para "negar o dereito de autodeterminación".

"DE IMPACTO VISUAL"

"É o momento de dar por morta esta Constitución e abrir un debate para unha nova", sentenciou a deputada nacionalista, que confirmou que a súa formación non participará en ningún acto de celebración da Carta Magna, mentres que o responsable de Organización, Bieito Lobeira, avanzou un acto "de impacto visual" para o 6 de decembro baixo a lema 'Temos dereito a decidir'.

Lobeira propuxo unha "reflexión" sobre se está "vixente dun réxime constitucional e autonómico" e se foi "positivo" para Galicia. Para o responsable de Organización, o saldo revela que Galicia "perdeu poboación e que se desmantelaron sectores estratéxicos da economía". "O saldo é negativo", observou.

Neste sentido, os nacionalistas manteñen que este marco político "non lles vale para este país. "Aspiramos á superación deste marco político e poder decidir sen ingerencias nin interferencias", sinalou Lobeira, quen reivindicou que as forzas de Euskadi e Cataluña están na mesma liña que Galicia para "facer fronte" á situación de crise do Estado.

É máis, lembrou que o "nacionalismo foi o que se opuxo con coherencia" á Constitución hai 40 anos, en contraposición á "adhesión entusiasta e de forma incondicional" de federalistas, comunistas e todas as forzas estatais a un texto que "nega os dereitos (de Galicia) como país e consagra unha discriminación".

"O BNG non vai participar en enxalzar nin exaltar a vixencia dun texto que só é unha exhibición de españolismo nun momento de crise institucional no Estado español", remarcou Lobeira, quen sen dar máis detalles do acto, avanzou que o día 6 os nacionalistas daranse cita na capital galega ás 12,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 anonimo

Mais que " endurecer" o discurso, é repetir o repetido mil veces, eso si, en troques de que o diga o oráculo de Canido , poñen á rapazada. Ademais, o problema é que alguén che faga caso, fora da militancia, claro.

6 uu1

A constituição reconhece que Espanha está formada por nações: Artigo 2: A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e recoñe¬ce e garante o dereito á autonomía das NACIONALIDADES e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas. Nacionalidade: Condición e carácter peculiar dos pobos e habitantes dunha nación. A constituição concede as línguas especial respeito e proteção: Artigo 3 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala. 2. As outras linguas españolas serán tamén OFICIAIS nas respecti¬vas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos. 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial RESPECTO e PROTECCION. Os políticos centralistas com todos os seus órgãos são os que não cumprem a constituição.

5 Salgueiro

Non fagades iso no BNG! Son excesos dialécticos! ha, ha, ha, ha! Debéronlhes dar cartos. Xa tedes o meu voto e a minha simpatía. Non sei se é moito. Pero algo é algo.

4 Carmen Lastra

Os anos pasados funlle beixar a man ao monarca, que goce, rodeada da alta alcurnia cruñesista! Este ano, de novo, disfrutei da festa españolista que organiza a prensa concertada con Feixoó, e alí aplaudín a rabear e dei victores a El-Rei! Hoxe, para a galería, declárome super-republicana, e garantizo ter protagonismo en portadas! Mañá, mirarei con impaciencia o correo, aguardo estar convidada de novo en calquera evento monárquico españolista para asistir entusiasmada e agradecer figurar e disfrutar da paparota en sociedade! Viva a coerencia!

3 patético

Pero non será que o bng verdadeiramente foi unha creación do pp para dividir a esquerda e ter mási doado, si que é posible telo máis fácil, o trono da junta. E segunda gran cuestión.. alguén pensa no bng... esto é extensible para podemos, mareas etc... pensan gobernar con estas portadas en Galicia país de... millor calo¡¡