Ada Colau tamén fará campaña en Galicia

Apoiará a En Marea a fin de semana do 17 ao 18 para "poñer fin ao réxime do PP e o bipartidismo".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/09/2016 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, confirmou este luns que participará na campaña electoral dos comicios galegos para arroupar a En Marea, formación afín á súa, Barcelona en Comú.

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro
A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro | Fonte: Concello da Coruña

Nunha entrevista concedida a Rac1 recollida por Europa Press, a rexedora argumentou que acudirá a Galicia, así como a Euskadi, porque se trata de "pobos irmáns que loitan polo cambio, contra o réxime do PP e o bipartidismo".

Ademais, indicou que os seus plans pasan por estar en ambos os dous territorios a mesma fin de semana, posto que ten moito traballo na cidade condal, segundo dixo.

Deste modo, prevese que destine os días 17 e 18 a facer campaña, toda vez que o domingo anterior, o día 11, participará nos actos oficiais da Diada Nacional de Catalunya e na marcha soberanista convocada pola Asemblea Nacional Catalá e Òmnium Cultural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 nostrus

ja. ¿pueblos hermanos Galicia y Euskadi?claro, y Aragon no. ni Valencia, ni Baleares, ni Murcia. Viene a Galicia a exportar su racismo, pero seguro que no viene en tren.

4 parachutados expañolentos

VAI VIR A COLACAU... mira que ven e a que vai vir a inculta e berzotas esta, que nos vai ensinar os galegos como reprimir coa policía municipal, como non cumprir nin un compromiso electoral coa cidadania, nos vai enseñar esta a decir viva expaña... e por certo vai traer como seguito a meona que ten como concelleira de cultura... xa esta ben de parachutados, xa esta ben de podreiros de merdeyhas de expañolismo noxento e falso... aquí van vir todalas ratas de expaña desde o bolido de echameunquiqui a Waldo das jons poir a merdeyha do xuiz villano o señorito constitucionalista este non vende moito...

3 Os lan colau

Os alcaldes que menos gobernar as cidades fan de todo. Esta foi liberada do concello antes de alcaldesa que ben soubo colocarse. http://www.elmundo.es/cataluna/2016...

2 Sesese

Coñe , ven a "piquiño de ouro" a dar clases. Pero estos alcaldes non teran suficiente ca sua cidade?

1 PedroC

Aquí non queremos paracaidistas¡¡¡ Vai predicar á túa terra e que te aturen alí