Por Lois Pérez Leira | Vigo | 27/09/2016
Dous gañadores desta xornada: o PP que malia as políticas neoliberales e a corrupción do seu partido no Estado español logro maioría absoluta e o BNG que foi un autentico ganador moral.
Agora mais dun militante intenta interpretar a conduta electoral dos votantes. Ata se animan a culpabilizar ao pobo destes resultados. Potenciando unha vez mais o auto odio. Era difícil presentar unha alternativa sólida coas forzas políticas progresistas divididas. Marea carecía dun candidato como Xosé Manuel Beiras que puidese xerar o efecto de AGE. A mensaxe desta confluencia estaba baleira de contido e os seus candidatos descoñecidos e irrelevantes.
O que si estivo claro que ningunha organización reivindicou o espazo da esquerda. A similitude de mensaxes e propostas determinaron que case todas fosen iguais coa diferenza do estilo nacionalista do BNG. Como lóxica esta o empate electoral de Marea e o PSOE.
Este resultado electoral pon de manifesto que o “ciudadanismos” como concepción política comeza a entrar en crise. Estámolo vendo en Podemos. Unha forza política que naceu nun plató e terminará morrendo tamén nun plató.
As consecuencias destas políticas reformista, socialdemócratas, é que no canto de avanzar en conciencia e organización, estamos retrocedendo. As masas que se entusiasmaron co cambio, agora comezan a desilusionarse. Os actores políticos os traballadores e os sectores afectados pola crise, que gañaran a rúa, agora están desmovilizados.
Fai uns anos a monarquía e o seu modelo estaba en total crise e agora consolidouse con intercambios de agasallos e outras caralladas. Xa poucos falan de Republica.
Mentres que isto sucede en Cataluña unha gran maioría social emprende o camiño da ruptura co Estado borbónico e no País Vasco se esta por abrir un proceso constituyente propio.
Cos actuais bimbios é moi difícil de facer unha cesta que sexa o marco de contención dos que desexan a transformación social e política da nosa patria.O traballo será lento, pero será necesario reconstruír a esquerda rupturista, patriótica e anticapitalista no noso país.