Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 13:54
A coalición electoral 'Os pobos deciden', formada polo BNG e EH Bildu, denunciou ante a Comisión da Unión Europea a "vulneración de dereitos" por parte do Estado español ao ilegalizar a organización política Causa Galiza.
Nunha pregunta escrita enviada polo eurodeputado de EH Bildu Josu Juaristi, a coalición recorda que Causa Galiza foi ilegalizada pola Audiencia Nacional despois de que nove dos seus militantes fosen detidos.
Ao respecto, censuran o "déficit democrático" de España coa "ilegalización de grupos políticos, a persecución policial, económica e administrativa de protestas populares" ou a "utilización da violencia policial nas manifestacións", cuestións que, para a coalición, "vulneran a Carta de Dereitos Fundamentais de Europa".
Pola súa banda, o colectivo independentista Procesadas Jaro, no que se inclúen as persoas procesadas na causa aberta, asegurou confiar en que "esta iniciativa a nivel internacional sirva para dar a coñecer a gravísima vulneración de dereitos" da que son obxecto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.