Baixan as exportacións e soben as importacións, que son máis caras

O prezo dos bens exportados por Galicia caeron un 5,07% en xullo respecto ao mesmo mes de 2015, mentres que o dos bens importados subiron un 0,6%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2016 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Un dos motores da economía galega non marchou ben durante o verán. A pesar de que a Xunta insiste na importancia que as exportacións teñen para a industria galega, o certo é que os bens exportados caeron un 5,07% en xullo respecto ao mesmo mes de 2015, mentres que o dos bens importados subiron un 0,6%.

Polígono industrial de A Granxa
Polígono industrial de A Granxa

Así, os prezos das exportacións de bens de capital aumentaron un 10,89%, mentres que os prezos dos bens de consumo diminuíron un 2,97% respecto ao mes de xullo de 2015 e os prezos dos bens intermedios caeron un 13,47%.

Nas importacións, os prezos de bens intermedios aumentaron un 1,3% respecto ao mes de xullo do ano anterior. Pola súa banda, a variación interanual dos prezos de bens de capital foi dun decrecemento do 2,62%, mentres que os bens de consumo os prezos mantivéronse estables.

Por destino xeográfico das exportacións de bens, produciuse unha mingua interanual do 4,23% para os países pertencentes á Unión Económica e Monetaria (UEM. Para a Unión Europea os prezos caeron un 1,64% mentres que para os países da OCDE baixaron un 2,88%. No tocante ao resto do mundo, os prezos diminuíron un 16,33% respecto ao mes de xullo de 2015.

Por orixe dos bens importados, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á UEM baixaron un 2,05% e para a Unión Europea a caída foi do 3,14%. Para a OCDE a mingua foi do 0,78% mentres que para o resto de países os prezos aumentaron un 3,03% respecto ao mes de xullo de 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta