Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/11/2016 | Actualizada ás 12:00
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza a vindeira semana as I Xornadas de Antropoloxía baixo o lema “Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”.
Neste ciclo, que durará durará seis días, haberá cinema, conferencias e mesas redondas sobre distintos aspectos relacionados coa morte e os encantamentos. A Casa da Luz de Pontevedra será o lugar onde teñan lugar estas xornadas nas que colabora o Concello de Pontevedra.
O programa combinará conferencias, mesas de debate, proxeccións audiovisuais e unha visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón guiada polo antropólogo Buenaventura Aparicio Casado.
PROGRAMA
Mércores 2: Xornada de cinema etnográfico
-19:00h Apertura das xornadas e presentación do programa
-19:15h Proxección do documental “Em companhía da morte”
-20:00h Coloquio co codirector do documental:Eduardo Maragoto e João Aveleno
Xoves 3: Xornada de cinema etnográfico
-19:00h Proxección do documental “Terra das Marabillas”
-20:00h Coloquio co codirector do documental: Rafael Quintía
Venres 4:
-18:30h Apertura das do ciclo de conferencias
-18:45h Conferencia de Félix Castro: “Mouros, animas, demos e encantos nos grimorios e Ciprianillos”
-19:30h Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado: “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”
-20:15h Mesa redonda
Sábado5:
Sesión de mañá:
-10:15h Benvida aos participantes
-10:30h Presentación do proxecto audiovisual “Palabras Secretas”, coa diretora Ana Lois.
-11:15h Conferencia de Carlos Victor Rodríguez: “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara”
-12:00h Pausa café
-12.30h Conferencia de Marcial Gondar: “Romeiros do alén”
-13.30h Mesa redonda
Sesión de tarde:
-17:00h Conferencia de José Luis Cardero López: “Transformación e desdobramento”
-18:00h Proxección das curtas documentais da antropóloga Carmen Arnau Muro:
–Los Chorses, un pueblo de la taiga de Siberia
–Chamanismo siberiano: Ritual de despedida del invierno
-18:30h Conferencia de Carmen Arnau Muro: “Chamanismo siberiano”
-19:15h Mesa redonda e coloquio final
-20:00h Clausura das xornadas
Domingo 6:
10.00h. Visita guiada ao parque arqueolóxico de Tourón
Guiará a visita o antropólogo Buenaventura Aparicio Casado
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.