Ameazan con levar á Xunta aos tribunais da UE por non protexer o patrimonio arqueolóxico

Varias entidades critican que o investimento da Consellería de Cultura para coidar os petróglifos gástase en manter un parque arqueolóxico que é competencia dunha empresa privada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A asociación Irmandade Illa de Tambo, o colectivo A Forneiriña e outras entidades e colectivos anuncian que denunciarán á Xunta perante organismos internacionais “o incumprimento dos convenios en materia de protección do patrimonio, a indefensión e as ameazas para a supervivencia do patrimonio arqueolóxico galego”. 

Danos causados no petróglifo Chan do Carbón 3, ao carón do Parque da arte rupestre de Campo Lameiro
Danos causados no petróglifo Chan do Carbón 3, ao carón do Parque da arte rupestre de Campo Lameiro | Fonte: Irmandade Illa de Tambo

Ademais, din, demandarán a intervención do Consello de Europa e dos organismos  de control de fondos europeos para que aclaren o emprego de fondos europeos que, din, “en nada contribuíron na preservación do patrimonio”. E é que consideran “inxustificado” o que gasta a Xunta en coidar dos petróglifos do país. Pero, canto gasta a Consellería de Cultura na defensa deste patrimonio cultural?. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Adrián Abella Chouciño

Os cartos veñen da CE, espero que os seus tribunais lle obriguen á Xunta a darlle o seu destino xusto.