Gas Natural Fenosa inicia o desmantelamento da segunda cheminea da Central Térmica de Sabón, en Arteixo

Gas Natural Fenosa iniciou os traballos de desmantelamento da segunda cheminea de formigón da Central Térmica de Sabón, situada no Polígono Industrial do mesmo nome no municipio coruñés de Arteixo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 16:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Gas Natural Fenosa iniciou os traballos de desmantelamento da segunda cheminea de formigón da Central Térmica de Sabón, situada no Polígono Industrial do mesmo nome no municipio coruñés de Arteixo.

A compañía explicou que a Central Térmica de Sabón iniciou a súa actividade en 1972 con dous grupos de produción de enerxía eléctrica que utilizaban o fuelóleo como combustible principal. Gas Natural Fenosa solicitou en 2010 o peche dos dous grupos de fuelóleo da central térmica que, con 40 anos de antigüidade "esgotaran a súa vida útil", e desde 2008 empezou a funcionar o grupo de ciclo combinado, que opera con gas natural.

A demolición da cheminea II, de 200 metros, realizarase de forma similar ao realizado coa primeira, de 70 metros, que se desmantelou durante o verán 2016.

Nun primeiro momento, instalarase un monomástil e plataformas extensibles rodeando o fuste da cheminea. Na parte máis alta, onde o espesor do formigón é menor, realizaranse os traballos de forma manual con martelos picadores e cizallas. A continuación, procederase ao corte de "rodelas" do fuste con fío diamantado, ata unha cota de 30 metros sobre rasante. As pezas cortadas baixaranse cun guindastre-robot de gran tonelaxe.

Finalmente, na parte máis baixa do fuste, onde o espesor do formigón é maior, realizarase a demolición de forma mecánica, explicou a entidade.

Gas Natural Fenosa Generación iniciou en decembro de 2015 o proceso de desmantelamento dos grupos I e II de fuelóleo, que inclúe a demolición, ata nivel de rasante, das chemineas de formigón I e II, as bancadas e os muros; o desmonte dos tanques de fuelóleo e do oleoduto, así como a adecuación da nave de turbinas.

Máis de 60 persoas traballan no proceso global de desmantelamento dos grupos, que prevé unha duración de 27 meses e terminará, previsiblemente, en marzo de 2018.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta