Temas: DIEGO GAGO

O presidente de NNGG cobra 38.761 euros ao ano por traballar 26 horas semanais como edil en Vigo

Diego Gago é membro da Executiva do PP e tamén traballou na dirección comercial de Barceló Viajes.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/05/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Diego Gago acaba de ser elixido novo presidente de Nuevas Generaciones (NNGG) do PP. Ten 29 anos, é membro da Executiva do PP e tamén edil no Concello de Vigo. Precisamente, o seu traballo como edil nesta cidade reportalle un soldo de 38.761 euros brutos ao ano por traballar 26 horas semanais.

Segundo a páxina web do Consistorio de Vigo, que recolle as biografías, retribucións e declaracións de bens e rendas dos cargos electos, Gago é licenciado en Dereito Económico e máster en Asesoría Fiscal. En xullo do ano pasado recoñeceu dispor de 2.000 euros en contas bancarias e bens mobles por valor de máis de 6.000 euros tal e como publica a web sueldos públicos.

Tamén desempeñou o seu labor profesional na dirección comercial de Barceló Viajes Gal-Astur. Gago confirmaba a través dun tuit o pasado venres que tivo que deixar o traballo para dedicarse á actividade pública. Non puido compatibilizalo. "Respondeunos que "legalmente si (pode compatibilizalo), pero fisicamente, non", apuntaba a web.

Gago cobra o mesmo en Vigo que os concelleiros socialistas Santos Héctor Rodríguez e Ana Laura Iglesias e que Rubén Pérez, portavoz da Marea de Vigo. Oitros oito concelleiros socialistas con responsabilidades de goberno cobran 56.141 euros e o rexedor vigués 65.220. Son as retribucións que se aprobaron durante un pleno de 29 xuño de 2015, aínda que a resolución é de 3 de xullo.

Menos de tres meses despois, modificouse parte desa resolución para incluír os novos soldos públicos dalgúns concelleiros que non desempeñan o seu traballo a tempo parcial de 26 ou 19 horas. Así, a tarefa agora no consistorio para algúns edís é de nove horas semanais, cun salario de 13.648 euros que substitúe ao importe que recibirían se só cobrasen dietas pola asistencia aos órganos colexiados propios da súa función como cargos electos. Acolléronse a esta fórmula tres representantes do PP e tres do Grupo Municipal Marea de Vigo tal e como recolle a web do Concello de Vigo.

Diego Gago con Feijóo
Diego Gago con Feijóo | Fonte: libertadpopular

Temas: DIEGO GAGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Gamela

O malo deste asunto é que Rubén Pérez voceiro da Marea de Vigo cobra exactamente o mesmo e fai menos OPOSICIÓN no Concello de Vigo votando canto pode con Abel Caballero e presentando mocións de RISA! https://goo.gl/L8xKOh Eu penso que son os soldos do SILENCIO cos que Abel tapa a boca a esta tropa... ?

1 Sesees

Non e o único, canta xentiña vive do conto en este pais

1 Failde

Ana Pontón, Lobeira, Cela, Jorquera, Da Silva, Toné, Pam, Yoli, Pepiño Blanco, Seara, Méndez, Miguel Tellado, Miranda, Abella... Centos de mamadurrias sen oficio nin beneficio fóra da política profesional!

2 A Traballar

Non quería eu as retribucións de moitos que nombrades polo traballo, responsabilidade e horas adicadas. A política está aberta ao todos, a que agardades? Se tan altos vos parecen os salarios xa sabedes o que debedes facer. O que non está retribuído e foreiro de GC pailarocos.

3 Sesees

Xa os vexo todos rebentadiños de traballar na política. Fanme chorar. Non sei porque tanto se matan unhs aos outros por un posto arriba ou abaixo nas listas . Hai pailarocos pero o que mais abunda e a marulaxe

4 A TRABALLAR

Onde os ves? séguelos a diario? Quen se mata a quén?especifíca, tes antecedentes penais ou estas incapacitado xudicialmente para presentarte ti? cal é o problema? tanto críticar tanta historia, p.u.t.o país de criticóns que non moven un dedo nen se dígnan a saires a rúa.

5 Amigos para siempre

En que se parece unha samesuga do Partido Podre a unha barriga agradecida da UPG? A resposta aquí mesmo: A TRABALLAR!!!

6 Galego

Jajajajajaja ese aquí tamén veña , só falta que metades caña a UPG nas novas dos deportes, menudos cracks.

7 Sesees

A traballar. De seguro que xa so por idade sain mais a Rúa que vostede. Na fabrica donde traballei tivemos anos de mami semanal. E ainda e hoxe que sigo loitando como loitan os obreiros. Falolle dos políticos ( calquera pode entrar en política) porque por suerte ou non.,xa coñecin a mais dun . E repito, salvo raras avis, o que mas ou o que menos viven como Dios , pero para iso hai que valer eh? Hai que ter moitas tragadeiras e peito como un cabalo, vender compañeiros e apuñalar rivais i eu para iso nin teño callo nin vaio . Un saudo e demoslle tempo ao tempo